venres, 19 de xuño de 2020

DESPEDIDA

Chegou a fin de curso!
O remate deste ano é estrano.
Non puidemos vernos, abrazarnos...😔 
Pero despois das vacacións voltaremos á escola😉
para poder compartir moitos momentos xunt@s😍.
Disfrutade do verán e coidádevos moito😷
Unha aperta ben grande💖


mércores, 17 de xuño de 2020

Día Nacional da Lingua de Signos

O día 14 de xuño foi o Día Nacional da Lingua de Signos.
É importante recoñecer e valorar a lingua de signos para poder vivir en igualdade, solidariedade e xustiza💜





xoves, 11 de xuño de 2020

Cine na casa

E como din que estes días vai chover,
aquí vos deixamos uns vídeos curtiños 🎦
dalgúns contos que seguro que coñecedes 😉





xoves, 4 de xuño de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Mañá é o Día Mundial do Medio Ambiente 🌳🌼🐋🐸🌊
É necesario que sexamos conscientes da realidade do medio ambiente que temos que coidar porque non temos outro planeta no que vivir 🌍
Deixámosvos dúas curtas. A primeira,"Choiba", é unha curta que nos fala do Mono Araña Café 🐵, unha especie que se atopa en perigo de extinción. É importante protexer a vida silvestre dos animais!


Esta outra curta "Érase una vez el océano", conciéncianos sobre a importancia de protexer os océanos  🌊💓


mércores, 3 de xuño de 2020

Experimentos. Proposta para a casa

Como vos gustan tanto os experimentos, aquí vos deixamos varias propostas. Pincha nas ligazóns e segue as explicacións.
Non esquezas compartir os vídeos ou fotos con nós 😉

Carreira de globos  

Ovo saltarín

Arco da vella

Bolsa máxica
 

Sesión de yoga

Quen se anima a facer yoga?