venres, 22 de abril de 2016

Estudando os ovos

Onte xoves abrimos ovos para ver a cámara de aire, que van romper os pitiños dos ovos que estamos a incubar. Estamos no día 14 de incubación, e os pitiños xa están moi formados, ata comezan a saírlles as plumas. Sabemos como están porque estivemos a ver vídeos e programas sobre o proceso de crecemento dos pitos dentro do ovo, e sabemos que o luns van romper a cámara para poder respirar. Finalmente, ao cabo de 21 días, que se cumplirán o venres da semana que ven, veremos nacer os pitiños se todo vai ben!

venres, 15 de abril de 2016

INAUGURACIÓN DE "DÍZARA"







Hoxe 15 de abril inaugurouse a cidade “Dízara”, un proxecto levado a cabo polos alumnos e alumnas de 5 anos, que estiveron a traballar nela desde comezos de ano. A cidade, composta por moitos edificos, conta con todos os servizos básicos propios dunha cidade moderna: hospital (“Hospital Tirita”), a Estación Intermodal “Pico Sacro” (posto que alberga instalacións para tren, metro e autobuses), colexio “Non Quero Ir Ao Cole”, igrexa... Ademais, como está bañada polo Océano Atlantico, ten un porto moderno: “Sereas e Estrelas do Mar” e un faro. Igualmente, para acceder a ella construiuse unha longa ponte, a “Ponte 15 de Abril”, un gran prodixio da tecnoloxía dos nosos días. 
Á inauguración, presentada polos alumnos e alumnas de 5 anos, asistiron todas as aulas, xunto co seu profesorado e Carmiña. Ao finalizar obsequiouse cunhas pastas a todos os participantes. A cidade, que está no descanso do corredor de cinco anos, está aberta ao público que queira visitala, desde hoxe ata a finalización do curso. En breve, ademais, publicaremos un vídeo sobre a nosa cidade e este acontecemento.

luns, 11 de abril de 2016

INCUBANDO OVOS

INCUBANDO OVOS on PhotoPeach  
Este pasado venres, na aula de Educación Intantil de 5 anos puxemos en marcha a incubadora. Nela tentaremos incubar 21 ovos, a metade deles de galiñas de Mos e a outra metade de galiñas piñeiras. Días antes deixáramos todo preparado para iniciar á primeira hora da mañá o proceso, esperamos que todo vaia ben e que dentro de 21 días poidamos asistir ao nacemento dos pitos! Írémosvos contando o que vaia acontecendo. Aquí ensinávosos algunhas fotos.