xoves, 24 de novembro de 2016

A LAGOA MEDRA!

Esta semana os pais de Alexandra de 3 anos, Mario e Beatriz, nos axudaron a enriquecer a nosa lagoa. Trouxeron unha parella de peixes koi e algunhas ras. A maioría das ras xa comezaron a hibernar, pero estas quedaron atrasadas, así que chegaron para poder dar algúns chimpos antes. Tamén nos trouxeron plantas adaptadas á vida nas lagoas, xunto con informacións sobre elas, que agora vos transmitimos. As dúas primeiras plantas, Eichornia Crassipes, ou lirio de auga, e Myriophyllum, fento de auga. A primeira destas plantas absorbe as sales minerais disolúbeis na auga e evita a insolación e proporciona sombra; a segunda é unha planta oxixenante, sérvelle de alimento aos peixes e permite as postas e desoves de peixes e anfibios. Por outra parte trouxéronos plantas tapizantes, Vessicularia dubyana.

Moitísimas gracias, Mario e Beatriz.










martes, 15 de novembro de 2016

RESTAURANTE TERRORÍFICO

Cando chegou o Samaín comemos pantasmas, cabazas e arañas. Grazas mamás Vanesa e Elvira pola vosa axuda.

A COCIÑAR!

Fai pouco comezaron os obradoiros de cociña na aula de 3 anos. Coa axuda das mamás, Julia e Rocío fixemos unhas magdalenas deliciosas.

xoves, 10 de novembro de 2016

OBRADOIRO DE MORCEGOS

Hai uns días Olalla, a nai de Alén, veu a clase dos nenos e nenas de 5 anos facer un obradoiro de MORCEGOS. Nestas imaxes podedes ver un resumo de como se desenvolveu a actividade e do resultado final, que chulos quedaron! Para este obradoiro precisamos: 

  • Pinzas da roupa de madeira 
  • Témpera negra 
  • Goma eva 
  • Pegamento

xoves, 3 de novembro de 2016

ARAÑAS DE CHOCOLATE E MOMIAS

OBRADOIRO DE COCIÑA EN 5 ANOS

Obradoiro de cociña en 5 anos on PhotoPeach

Este venres pasado, na aula de 5 anos fixeron un obradoiro de cociña. Foi levado a cabo por Olga, a nai de Unai. Prepararon dúas receitas: “Arañas de chocolate” e “Momias”. O resultado foi moi saboroso! Na seguinte presentación ides ver como se realizan, por se vos gusta e queredes repetilas nas vosas casas.