venres, 24 de febreiro de 2017

PELIQUEIROS EN LAVACOLLA!!


Este pasado xoves os alumnos e as alumnas de Educación Infantil saíron pola redonda a celebrar o Entroido Peliqueiro, para lembrar un dos entroidos máis antergos de toda Galicia. Baixaron ata o palco da música e alí fixeron unha danza. A ver se vos gusta!

mércores, 22 de febreiro de 2017

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE


Onte, na aula de 5 anos, fixeron un obradoiro de maquillaxe. María José e Merchi, nais de Aimar e Alba, viñeron maquillar a todos os nenos e nenas. Mirade que ben quedaron!

venres, 10 de febreiro de 2017

OSIÑO

Este mércores os alumnos e as alumnas de Educación Infantil foron a Santiago, ao Auditorio de Abanca, a ver unha obra de títeres, "Osiño", da compañía Trompicallo. Gustolles moito!

luns, 6 de febreiro de 2017

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

Despois das representacións teatrais deste venres fixemos a cabo un obradoiro conxunto de máscaras de Entroido. Os nenos e nenas reproduciron en cartolina as máscaras que levan os peliqueiros no Entroido de Laza, un dos máis antigos de Galicia. 













TEATRO EN INFANTIL

O pasado venres tivemos máis teatro en Infantil. Desta vez, actuaron os nenos e nenas de tres anos, representando a obra “A min non me comas”. Despois, a súa titora Lorena e a profesora Iria representaron “A ovelliña que veu cear”. Ambas as dúas obras tiveron moito éxito, e todos e todas as seguimos con moita atención. Rímonos a cachón!

xoves, 2 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017

Estes días en Educación Infantil comezamos a prepararnos para o ENTROIDO! Comezamos por coñecer como se celebra nalgunhas partes de Galicia, nas que se conservan unhas tradicións moi antigas, como é o caso dos entroidos de Laza, Chantada, Xinzo de Limia, Viana do Bolo ou o dos Xenerais do Ulla. Foi moi interesante! 

mércores, 1 de febreiro de 2017

GRANXA DE CARACOIS


Nas aulas de Educación Infantil estamos a preparar e instalar granxas de caracois para estudar o seu comportamento. Estas imaxes que podedes ver aquí corresponden á aula de 4 anos.