xoves, 30 de marzo de 2017

A VACA QUE PUXO UN OVO E OUTRAS HISTORIAS

A semana pasada houbo teatro en Educación Infantil, pois cada aula representou unha obra. As obras representadas foron: 

  • A vaca que puxo un ovo, representada polos alumnos e alumnas de 5 anos.
  • Cerca, de 4 anos.
  • A sopa queima, de 3 anos.










martes, 28 de marzo de 2017

PETRÓGLIFOS



















Despois de descubrir que no Neolítico gravaban nas pedras as siluetas das súas mans, cervos, cabalos..., nós tamén quixemos facer os nosos petróglifos.

A VACA GORDA

Fai uns días viñeron Sonia, Uxía, Sara e Álvaro contarnos o conto "A vaca gorda". Prepararon uns títeres chulísimos. Esperamos que volvades outro día!

Area cinética











A semana pasada na aula de Infantil de 4 anos elaboraron area cinética. É unha pasta para modelar feita a base de area e algúns outros compoñentes. É unha pasta moi limpa e permite modelar con facilidade. Esta area cinética elaborárona cos seguintes compoñentes:
  • Area branca
  • Fariña de millo
  • Lavavaixelas
  • Colorantes alimentarios (amarelo, azul e vermello)
  • Auga
Xa so queda experimentar con ela e deixar voar a imaxinación!

xoves, 23 de marzo de 2017

A PREHISTORIA E O BARRO








Un dos aspectos nos que traballaron os alumnos e as alumnas de Educación Infantil, no Obradoiro da Prehistora foi o traballo co barro, a semellanza das persoas que vivían na Prehistoria, que facían con el gran parte dos utensilios que precisaban (olas, pratos, vasos...) para a súa vida diaria.

EXPERIMENTOS CON CARACOIS E SOLTA







Hai pouco vimos de rematar os experimentos cos caracois. Así que despois de estudalos durante todo este tempo, finalmente devolvémolos á natureza para que sigan a vivir a súa vida de caracois. Moita sorte caracois!

mércores, 22 de marzo de 2017

O ABECEDARIO de Magín Blanco

Moito nos gusta esta canción!

A PREHISTORIA





Un día o profe Antón contounos que atopara unha cova. Dende aquel día entrounos a curiosidade de quen viviría alí, que animais estaban pintados nas paredes? ...
A profe Iria e Gema, a mamá de Sofía de catro anos, ensináronnos un montón de cousas sobre a prehistoria. Mirade, mirade!

BENVIDA Á PRIMAVERA

Este luns, os alumnos e as alumnas de Infantil saímos ao patio a darlle a benvida á primavera que, como sabedes, comezaba ás 11 horas e 29 minutos. Benvida Primavera, estamos felices de te recibir!

martes, 21 de marzo de 2017

VISITA AO TALLER DE SANÍN

Fai uns días fomos visitar o taller de Sanín que está moi cerquiña do cole. José explicounos como fan as pandeiretas e Pablo ensinounos unha chea de instrumentos: pandeiros, bombos, tarrañolas, tambores... E regaláronnos uns trompos chulísimos! Moitas grazas.







Mmmmmmm PIZZA!!

Coa axuda de Débora, a mamá de Xoana e Elena, a mamá de Mencía, preparamos unha pizza deliciosa. Grazas por vir!

















TALLER DE MAQUILLAXE

 
Grazas Julia e Iván, mamá e papá de Pablo por deixarnos así de guapas e guapos!

Proxecto sobre a auga en Eduación Infantil de 5 anos

PROXECTO SOBRE A AUGA 
Hai algúns días chegou á súa conclusión un proxecto sobre a auga, coordinado pola profesora en prácticas Miriam, co que os alumnos e alumnas puideron coñecer diferentes aspectos relacionados coa auga, como a flotabilidade, os estados da auga, o ciclo da auga... Ademais, elaboraron un conto titulado "A historia de Paolo", un pingüín que vivía no Polo Norte e ao que lle ocorren unha serie de aventuras relacionadas coa auga.