Onte xoves os alumnos e as alumnas de Educación Infantil fixeron unha merenda saudable con brochetas de froita. Desta vez comeron uvas, kiwi, amorodos e plátano. Mmmmm, que rico estaba todo!!!
O venres 7 deste mes os alumnos e as alumnas de Educación Infantil foron visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, como parte das actividades adicadas a coñecer a súa vida e a súa obra.
O pasado 7 de marzo os alumnos e as alumnas de Educación Infantil foron visitar un petróglifo en Castriño de Conxo, en Santiago. Trátase dun petróglifo da Idade do Bronce moi interesante, como podedes ver nas imaxes.
A semana pasada, os alumnos e as alumnas de Educación Infantil de 3 anos fixeron unha exposición na aula de 4º de Educación Primaria sobre a Prehistoria, presentando as conclusións dos traballos realizados ao longo do segundo trimestre.
Este venres pasado os alumnos e alumnas de Educación Infantil, fomos a Santiago, á Galería Sargadelos, participar na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura, na que colaboran o Concello de Santiago, a Galería Sargadelos e a editorial Kalandraka. Alí Bea e Pablo contáronos varios contos: “Unha última carta”, de Antonis Papatheodoulou, con ilustracións de Iris Samartzi; “Que fai falta?”, de Gianni Rodari, traducida por Xosé Ballesteros Rei e ilustrada por Silvia Bonanni; Janosch Crebacabezas, con ilustracións de Janosch e “Os tres porquiños”, con texto de Xosé Ballesteros e ilustracións de Marco Somà.
Finalmente, puxéronos un vídeo do grupo Migallas, coa canción “Mamá Gatiña” disco "Canta connosco".
Foi moi entretido!
Tamén tivemos moita sorte, porque a pesares de que foi un día de choiva, e houbo un anaco que tivemos que esperar a cuberto para que escampara (menos mal que no casco antigo de Santiago os nosos antergos construíron soportais para protexerse do mal tempo!) finalmente ata saíu o sol cando fomos coller o autobús.