mércores, 30 de maio de 2018

VISITA AO CLUB HÍPICO DE SANTIAGO












O venres pasado os alumnos e as alumnas de Educación Infantil foron ao Club Hípico de Santiago, a pasar unha xornada coñecendo os cabalos e os ponis deste club. Montaron en poni, os cepillaron, acariñaron aos cabalos e aprenderon moitas cousas sobre estes animais. Pasárono moi ben!

martes, 8 de maio de 2018

Día das Familias 2018

 Día das Familias 2018

Os tres porquiños







A semana pasada tivemos na aula de 3 anos de Educación Infantil unha sesión de contacontos. Sandra, a nai de Paula, veu contarnos o conto de "Os tres porquiños". Ás rapazas e os rapaces gustoulles moito, e tamén as actividades que fixeron sobre o conto. Moitas gracias Sandra!

venres, 4 de maio de 2018

Nacementos


Onte naceron os primeiros pitos de kika na aula de 6º de Educación Infantil. O primeiro pito naceu pouco antes das 9:00, xa estaba case fora cando chegamos ao colexio! O segundo saíu ás 11:30. No momento actual xa naceron 7!
En todos os casos, permaneceron un tempo dentro da incubadora e despois trasladámolos a unha caixa que xa tiñamos preparada, cunha lámpada que lles aporta calor, ademais de pienso para pitos e auga. Así mesmo, botámoslles as cascas dos seus ovos trituradas, para que lles aporten o primeiro calcio.
Estamos moi contentas e moi contentos de que este acontecemento se estea dando tan ben e desexámoslles a estes pequenos seres unha existencia feliz.
Xa vos iremos contando como van indo!