mércores, 30 de outubro de 2019

Brebaxe

Non pestanexamos mentres a bruxa fixo aquela horripilante brebaxe que levaba: polvos máxicos, gotas de sangue de moscas, moco verde de lagarto e mexo dun gato negro.
E despois de remexer, cerrar os ollos e mover a cabeza dun lado a outro, daquela cabaza saíu unha escuma que fixo que saltaramos, bailaramos... Incríble! Aquela si que era unha auténtica bruxa!!!


Restaurante Terrorífico

Quen ten fame? Temos vasoiras de bruxa, cabazas terroríficas, cadaleitos de vampiro e sangue de morcego. Que delicia!



 

Trick or treat

Compis de 6º de primaria repartíronnos chocolatinas. Grazassssss


ARGALLAR

Hoxe a rapazada de 4 e 5 anos fomos á Cidade da Cultura para visitar "Argallar" unha exposición para xogar coa arquitectura. Seguindo as explicacións de Paula disfrutamos construíndo con diferentes materiais. Mirade, mirade!





As nosas cabaciñas

Os peques de 3 anos e as súas familias trouxeron cabaciñas decoradas e déronnos moito xogo. Presentámoslla aos compañeiros/as, contamos que lle puxemos, quen nos axudou... Aproveitamos para recoñecer o nome, para xogar na oscuridade, facer relaxación, soprar, coñecer as leras e ata facer unhas cabazas terroríficas para merendar.





martes, 29 de outubro de 2019

CABAZAS

Xa está a entrada do cole chea de cabazas terroríficas. Familias, podedes pasar a velas cando queirades.



Maquillaxe terrorífica!

Compis de 2º, 4º e 6º de primaria viñeron ás aulas de infantil para pintarnos. Metiamos moito medo!!


Teatro "A noite de Samaín"

Aula de 4 anos

Violeta quere ser vampiro

Lectura do conto; debuxo da personaxe principal e escritura do seu nome e data.

 Aula de 4 anos

Minimundos


Aula de 4 anos

Descomposición

Aula de 5 anos

Acróstico de Samaín


Aula de 4 anos

Composiciós outonais IV

Aula de 4 anos

luns, 28 de outubro de 2019

Momentos de relax


Comeza por...

Presentamos o conto "Letra a letra" e buscamos na primeira ilustración obxectos que empecen pola letra A. Atopamos 16 palabras. E vós, cantas sodes capaces de encontrar?
Aula 4 anos

Artisteando

Moito nos gusta pintar no espello!
Aula de 5 anos

Vacío

Na portada deste conto observamos que Julia ten un burato na barriga. Por que será? Observade as respostas.
Lemos o conto e descubimos que nós tamén temos un buratiño pequeno na nosa barriga para descubrir todo o bo que gardamos no noso interior. Adiviñades de quen é cada embigo?

Aula de 4 anos

Novas bandexas


Aula de 5 anos

Visitas especiais

Hoxe o profe Antón e Pablo trouxéronnos á clase un animaliño. Será un caracol? ou un escaravello? (facemos hipóteses)
É un GRILO! Explicáronos que os grilos son insectos. Teñen seis patas e dúas antenas. Viven en furados que fan na terra e cantan para atopar parella.
Gustounos un montón e agardamos que nos volvan visitar.

Aula de 4 anos

Minimundos



Carreira contra a leucemia infantil

Por fin chegou o día tan esperado! Familias, profes e rapazada da escola corremos para apoiar esta causa.Coas nosas aportacións axudaremos a que se avance nesta investigación. Grazas familias por participar!

xoves, 24 de outubro de 2019

Cartas e máis cartas!

Despois de ler o conto "Unha última carta" entráronnos ganas de escribir cartas a nós tamén.
A profe Iria ensinounos cartas e postais que recibira ela fai moitos anos. Coñecemos o formato deste texto: data e lugar, saúdo, corpo e despedida. Descubrimos que todas contaban algo. Observamos e falamos dos sobres. Todos levaban selo e o nome da persoa á que ía dirixida e quen a envíaba.
E despois escribimos as nosas cartas.


                                              Aula 5 anos

Ordenamos os pasos da preparación da receita

Continuamos traballando as propiedades do texto instructivo. Desta volta, por parellas ordenamos os pasos da preparación da receita. Fixámonos porque letra comeza e remata a primeira palabra de cada párrafo.
 Aula de 4 anos

Cantas noces haberá?

Quen adiviñará cantas noces hai no tarro? Primeiro estimamos e despois contamos.
 Aula de 4 anos

A contar!

Cantos cartos xuntamos para ir á excursión da próxima semana? e para a carreira solidaria?
Contámolos
 Aula de 5 anos
Aula de 4 anos

Roteiro

Desta volta ata andivemos cara atrás. Érache ben complicado!
Atopamos unha chea de cogumelos. Houbo quen dixo que podían ser Boletus edulis. No próximo roteiro levaremos un libro de consulta para comprobalo.

Nova proposta



 Aula de 5 anos

Composicións outonais II

Aula de 4 anos

Minimundos

Aula de 4 anos