venres, 16 de decembro de 2016

OBRADOIRO DE GALLETAS DE NATA

E máis obradoiros!! Desta volta, os papás de Aarón, Nathalie e Manuel, axudáronnos a facer unhas galletas de nata deliciosas.

OBRADOIRO DE BÓLAS DE NADAL

Estes días pasados, na aula de 3 anos, fixemos  un obradoiro de bólas de Nadal coa axuda de Paula, a mamá de Iago. Decoramos unhas boliñas de Nadal chulísimas.

martes, 13 de decembro de 2016

OBRADOIRO DE NADAL EN 5 ANOS



Na aula de 5 anos fixemos un obradoiro de bolas de Nadal. Olga, a mamá de Unai, veu ensinarnos a facelas. Como podedes ver, quedaron moi ben! 

xoves, 24 de novembro de 2016

A LAGOA MEDRA!

Esta semana os pais de Alexandra de 3 anos, Mario e Beatriz, nos axudaron a enriquecer a nosa lagoa. Trouxeron unha parella de peixes koi e algunhas ras. A maioría das ras xa comezaron a hibernar, pero estas quedaron atrasadas, así que chegaron para poder dar algúns chimpos antes. Tamén nos trouxeron plantas adaptadas á vida nas lagoas, xunto con informacións sobre elas, que agora vos transmitimos. As dúas primeiras plantas, Eichornia Crassipes, ou lirio de auga, e Myriophyllum, fento de auga. A primeira destas plantas absorbe as sales minerais disolúbeis na auga e evita a insolación e proporciona sombra; a segunda é unha planta oxixenante, sérvelle de alimento aos peixes e permite as postas e desoves de peixes e anfibios. Por outra parte trouxéronos plantas tapizantes, Vessicularia dubyana.

Moitísimas gracias, Mario e Beatriz.










martes, 15 de novembro de 2016

RESTAURANTE TERRORÍFICO

Cando chegou o Samaín comemos pantasmas, cabazas e arañas. Grazas mamás Vanesa e Elvira pola vosa axuda.

A COCIÑAR!

Fai pouco comezaron os obradoiros de cociña na aula de 3 anos. Coa axuda das mamás, Julia e Rocío fixemos unhas magdalenas deliciosas.

xoves, 10 de novembro de 2016

OBRADOIRO DE MORCEGOS

Hai uns días Olalla, a nai de Alén, veu a clase dos nenos e nenas de 5 anos facer un obradoiro de MORCEGOS. Nestas imaxes podedes ver un resumo de como se desenvolveu a actividade e do resultado final, que chulos quedaron! Para este obradoiro precisamos: 

  • Pinzas da roupa de madeira 
  • Témpera negra 
  • Goma eva 
  • Pegamento

xoves, 3 de novembro de 2016

ARAÑAS DE CHOCOLATE E MOMIAS

OBRADOIRO DE COCIÑA EN 5 ANOS

Obradoiro de cociña en 5 anos on PhotoPeach

Este venres pasado, na aula de 5 anos fixeron un obradoiro de cociña. Foi levado a cabo por Olga, a nai de Unai. Prepararon dúas receitas: “Arañas de chocolate” e “Momias”. O resultado foi moi saboroso! Na seguinte presentación ides ver como se realizan, por se vos gusta e queredes repetilas nas vosas casas.

martes, 18 de outubro de 2016

CONTACONTOS

O pasados xoves os alumnos e alumnas de Educación Infantil participaron nun contacontos que se celebrou na aula de 3 anos. O conto presentado foi "O Papón".







luns, 10 de outubro de 2016

OBRADOIROS E TEATRO EN INFANTIL

OBRADOIROS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Nas aulas de Educación Infantil comezaron os obradoiros. Nesta primeira ocasión adicáronse a facer tartas de xabón. Como podedes ver nesta presentación, os nenos e as nenas participaron con moito interese!


...E TAMÉN TEATRO Ao mesmo tempo que os obradoiros, en Educación Infantil comezamos a traballar coas artes escénicas, pois ademais de facer pequenas representacións, preparamos e cantamos cancións, bailes... 

  

martes, 7 de xuño de 2016

Contacontos en 6º de Educación Infantil

https://youtu.be/qgjUcQeMxk0
A nai de Marina veunos contar un conto titulado "El coleccionista de palabras". Cando estaba a rematar o careiro deixounos un maletín no que poñía "A maleta das palabras bonitas". Alí había moitas: alegría, colaborar, compartir, felicidade, agarimo, amor, amizade, gratitude, corazón, paz, tenrura, xenerosidade, bico, ilusión ou tolerancia, unha para cada alumno e alumna. Máis tarde houbemos de pechar os ollos para que algunhas palabras bonitas se ordeasen, pois estaban desordeadas. Finalmente houbo magdalenas e biscoito para todos e todas.

venres, 3 de xuño de 2016

OS NOSOS PITIÑOS!!

Como medraron os pitiños que incubamos na aula de 5 anos! Que maiores están! Como vedes, están moi ben na súa nova casa. Ata outro día pitiños!

luns, 9 de maio de 2016

OS PITIÑOS DA AULA DE 5 ANOS







Aquí podedes ver os pitiños que naceron na incubadora na aula de 5 anos. O mércores pasado, 4 de maio, marcharon da aula e foron vivir a unha granxa, xa que aquí non os podemos criar. Na granxa de seguro van ser felices e converterse en adultos. Sorte pitiños!

luns, 2 de maio de 2016

O NACEMENTO

O NACEMENTO
Por fin naceron os pitiños! Despois de 21 días de incubación comezaron a saír os pitiños na aula de 5 anos: este venres 29 naceron 4, e o resto ata 12 saíron ao longo da fin de semana. Están todos moi ben, e estamos felices de telos. Queremos agradecer a Jose, pai de Mirian de 3 anos e tío de Aarón e Noa, quen nos foi asesorando sobre o que tíñamos que ir facendo; ademais veu todos os días pola mañán para comprobar que todo ía ben e nos fixo a caixa-berce para que estiveran confortables os pitos. Moitas gracias.

ALMORZOS SAUDABLES







 Na aula de Educación Infantil de tres anos están a facer almorzos saudables con froita. Están a comer todo tipo de froita: mazá, pera, plátano, piña, uvas, melón, granada ou papaia... en macedonia e no tempo da merenda no colexio. Os alumnos e alumnas aprenden, así, a recoñecer as froitas, identificando as súas partes e desenvolvendo os seu sentidos, apreciando diferentes sabores, texturas..., asimilando que as froitas son moi saudables na nosa dieta.

venres, 22 de abril de 2016

Estudando os ovos

Onte xoves abrimos ovos para ver a cámara de aire, que van romper os pitiños dos ovos que estamos a incubar. Estamos no día 14 de incubación, e os pitiños xa están moi formados, ata comezan a saírlles as plumas. Sabemos como están porque estivemos a ver vídeos e programas sobre o proceso de crecemento dos pitos dentro do ovo, e sabemos que o luns van romper a cámara para poder respirar. Finalmente, ao cabo de 21 días, que se cumplirán o venres da semana que ven, veremos nacer os pitiños se todo vai ben!

venres, 15 de abril de 2016

INAUGURACIÓN DE "DÍZARA"







Hoxe 15 de abril inaugurouse a cidade “Dízara”, un proxecto levado a cabo polos alumnos e alumnas de 5 anos, que estiveron a traballar nela desde comezos de ano. A cidade, composta por moitos edificos, conta con todos os servizos básicos propios dunha cidade moderna: hospital (“Hospital Tirita”), a Estación Intermodal “Pico Sacro” (posto que alberga instalacións para tren, metro e autobuses), colexio “Non Quero Ir Ao Cole”, igrexa... Ademais, como está bañada polo Océano Atlantico, ten un porto moderno: “Sereas e Estrelas do Mar” e un faro. Igualmente, para acceder a ella construiuse unha longa ponte, a “Ponte 15 de Abril”, un gran prodixio da tecnoloxía dos nosos días. 
Á inauguración, presentada polos alumnos e alumnas de 5 anos, asistiron todas as aulas, xunto co seu profesorado e Carmiña. Ao finalizar obsequiouse cunhas pastas a todos os participantes. A cidade, que está no descanso do corredor de cinco anos, está aberta ao público que queira visitala, desde hoxe ata a finalización do curso. En breve, ademais, publicaremos un vídeo sobre a nosa cidade e este acontecemento.

luns, 11 de abril de 2016

INCUBANDO OVOS

INCUBANDO OVOS on PhotoPeach  
Este pasado venres, na aula de Educación Intantil de 5 anos puxemos en marcha a incubadora. Nela tentaremos incubar 21 ovos, a metade deles de galiñas de Mos e a outra metade de galiñas piñeiras. Días antes deixáramos todo preparado para iniciar á primeira hora da mañá o proceso, esperamos que todo vaia ben e que dentro de 21 días poidamos asistir ao nacemento dos pitos! Írémosvos contando o que vaia acontecendo. Aquí ensinávosos algunhas fotos.

xoves, 3 de marzo de 2016

SAÍDA CULTURAL

    Este pasado luns 29 de febreiro os alumnos e alumnas de Educación Infantil do noso colexio foron ver ao Auditorio Abanca de Santiago, na rúa do Preguntoiro, a representación da obra teatral “Aurora”, da compañía Elefante Elegante Teatro, unha actividade organizadas pola Fundación Galicia Obra Social (Afundación) para escolares. Esta montaxe conta o encontro dunha curuxa que quere que sexa sempre de noite, cun aviador que anda a procura da súa avoa.
   Despois de asistir a esta representación foron á sede de Afundación, na rúa do Vilar. Alí viron a exposición “Salvador Dalícontador de historias” e realizaron un obradoiro.
   Preme nas palabras destacadas se queres ter máis información.

xoves, 25 de febreiro de 2016

VOSTOK

Alexandre (alumno da aula de 5 anos) e a súa familia contribuíron á exposición sobre a aviación con esta espectacular máquina voadora de nome Vostok, que poderedes admirar se vos achegades ao recibidor do edificio norte (no que están as aulas de Educación Infantil). Ademais, xunto ao aparello, achegaron o relato que segue a continuación: 
 O PROXECTO VOSTOK 
   Cando Yuri lle comunicou as novas a Sergey sabía que xa faltaba pouco. Despois de demasiado tempo todo indicaba que as cousas ían a mellor; as extrañas luces que viran varias noites seguidas, as temperaturas por debaixo dos -80º, a brúxula que xiraba tola sen marcar un rumbo fixo... todo o que vían dicíalles que estaban por fin preto de onde empezou todo. Pero cen anos antes.
   Demasiadas cousas podían saír e saíron mal, os informes americanos (dos que copiaran o proxecto Vostok) non dicían toda a verdade, ou polo menos omitían cousas importantes, falaban dos parámetros baixo os cales se fixeran as probas, falaban das variables a ter en conta, mencionaban incluso que levaran a cabo dez probas “satisfactorias”... Que quería dicir satisfactorias? Que todo saíra ben? Entón, que foi dos soldados do proxecto Manhattan? Sergey e os seus homes sospeitaban que correran a mesma sorte que tiveron eles, perdidos no espazo-tempo.
   Era de tolos, seis soldados soviéticos voando nun desvencillado barco enganchado a un globo, rumbo onde ninguén estivera nunca. Toda a viaxe baseábase en suposicións, pero ninguén se atrevera a discutir; as ordes do capitán eran sinxelas e claras, tiñan que chegar á Antártida, ao lago Vostok, algo encontrarían alí que lles podería axudar a voltar a casa. Construír o artiluxio voador tampouco foi moi complicado, pouca ciencia tiña para eles enganchar un barco a un globo. Era o único que se lles ocorreu despois de ter que abandoar a nave da que partiran o 17 de maio de 1952. Onde ían atopar combustible para o propulsor de pulso magnético na metade do século XIX, a onde foran levados non se sabe como?
   Pero iso era o de menos, unha vez máis, Yuri tiña boas novas, por fin se divisaba a montaña de xeo baixo a cal se encontraba o que tanto tempo levaban a buscar, apenas era un pouco diferente do que recordaba.
   Quedaba agora por saber se a viaxe servira para algo.