O
NACEMENTO
Por
fin naceron os pitiños! Despois de 21 días de incubación comezaron
a saír os pitiños na aula de 5 anos: este venres 29 naceron 4, e o resto ata 12
saíron ao longo da fin de semana. Están todos moi ben, e estamos
felices de telos. Queremos agradecer a Jose, pai de Mirian de 3 anos
e tío de Aarón e Noa, quen nos foi asesorando sobre o que tíñamos
que ir facendo; ademais veu todos os días pola mañán para
comprobar que todo ía ben e nos fixo a caixa-berce para que
estiveran confortables os pitos. Moitas gracias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario