luns, 9 de maio de 2016

OS PITIÑOS DA AULA DE 5 ANOS







Aquí podedes ver os pitiños que naceron na incubadora na aula de 5 anos. O mércores pasado, 4 de maio, marcharon da aula e foron vivir a unha granxa, xa que aquí non os podemos criar. Na granxa de seguro van ser felices e converterse en adultos. Sorte pitiños!

luns, 2 de maio de 2016

O NACEMENTO

O NACEMENTO
Por fin naceron os pitiños! Despois de 21 días de incubación comezaron a saír os pitiños na aula de 5 anos: este venres 29 naceron 4, e o resto ata 12 saíron ao longo da fin de semana. Están todos moi ben, e estamos felices de telos. Queremos agradecer a Jose, pai de Mirian de 3 anos e tío de Aarón e Noa, quen nos foi asesorando sobre o que tíñamos que ir facendo; ademais veu todos os días pola mañán para comprobar que todo ía ben e nos fixo a caixa-berce para que estiveran confortables os pitos. Moitas gracias.

ALMORZOS SAUDABLES







 Na aula de Educación Infantil de tres anos están a facer almorzos saudables con froita. Están a comer todo tipo de froita: mazá, pera, plátano, piña, uvas, melón, granada ou papaia... en macedonia e no tempo da merenda no colexio. Os alumnos e alumnas aprenden, así, a recoñecer as froitas, identificando as súas partes e desenvolvendo os seu sentidos, apreciando diferentes sabores, texturas..., asimilando que as froitas son moi saudables na nosa dieta.