martes, 19 de decembro de 2017

OBRADOIRO EN INFANTIL

OBRADOIRO DE NADAL 
A semana pasada as alumnas e os alumnos de Educación Infantil estiveron a facer un obradoiro para celebrar este Nadal cantando os Reis polos rueiros de Lavacolla. Fixeron axóuxeres, decoraron cunchas e elaboraron felicitación de Nadal para a ocasión.

martes, 5 de decembro de 2017

venres, 17 de novembro de 2017

Visita ao Museo de Historia Natural





A semana pasada os alumnos e as alumnas de Educación Infantil visitaron o Museo de Historia Natural de Santiago. Aprenderon moitas cousas sobre animais, vexetais e minerais.



luns, 30 de outubro de 2017

Andando o Camiño

O pasado xoves as alumnas e os alumnos de 4 e 5 anos do colexio fixeron un anaco do Camiño de Santiago, xunto con algúns familiares (nais, pais, algún avó e unha tía) e profes.  Fomos camiñando desde o colexio ata San Paio, e volvemos. En San Paio visitamos a capela de Santa Lucía, merendamos no seu adro, cantamos algunha cantiga e voltamos. Foi unha bonita experiencia. Moitas gracias a todos e todas quen participastes!

xoves, 26 de outubro de 2017

TALLERES CONXUNTOS













Comezamos cos obradoiros onde se xuntan os nen@s de 3, 4 e 5 anos. Canto lles gusta estar xuntos!!














LIXO NO MAR

Un día na asamblea falamos dos peixes que morren por comer plásticos. Falamos do lixo que acaba no mar. Tivemos a sorte de contar cunha chea de lixo que había nunha praia. Observámolo e buscamos en internet canto tempo tardaría en desaparecer o lixo (vidro, papel, plástico...).
Despois observamos as obras dalgúns artistas nas cales empregaban lixo que aparecía nas praias. Nós decidimos facer tamén a nosa creación artística. Mirade como nos quedou...












Día das familias

Xa temos na entrada do cole, o mural con tódolos anaquiños de teas que pintaron as familias e os nen@as o Día das Familias do curso pasado. Mirade que lindiña quedou!

martes, 10 de outubro de 2017

VACALOURAS

A semana pasada puidemos observar nas aulas unha vacaloura (tamén se chama escornabois), que é un escaravello enorme, do que destacan as súas impoñentes mandíbulas. Esta vacaloura apareceu así seca, pero se vedes unha viva non lle fagades dano! As vacalouras están en perigo de extinción, e por iso están protexidas.
Aquí podedes ver os debuxos que fixeron as alumnas e os alumnos da aula de 5 anos. E tamén unha foto do exemplar que tivemos a sorte de poder observar.




luns, 9 de outubro de 2017

AS NOSAS ÁRBORES

Bidueiros, figueiras, pradairos, nogueiras, carballos, castiñeiros... son as árbores que temos ao pé das nosas casas e da escola.

















venres, 15 de setembro de 2017

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!

Ola a todas e a todas!! Comezamos un novo curso, 2017-2018, con moitos proxectos e moita ilusión. Durante este curso imos facer moitos obradoiros, actividades relacionadas co Medio Ambiente, saídas pola nosa contorna, tamén aprenderemos a pensar, faremos actividades de relaxación e meditación... e moitas cousas máis. Esperamos contar con todas e todos vós. Un saúdo!!



martes, 4 de xullo de 2017

Herminda, un tesouro

Uns días antes de que chegaran as vacacións tivemos a visita de Herminda, unha gran pandereteira e bailadora. Contounos como aprendera a tocar e a bailar. Ensinounos como tiñamos que colocar as mans para tocar, explicounos o que era unha ruada... e rematamos bailando!
Grazas Herminda por compartir con nós tanta sabedoría








Grazas Sabine

Fai uns meses, coñecemos a Sabine, unha peregrina suíza, que estivo no cole cantando con nós. Este mes de xuño recibimos un paquete moi especial. Sabine enviounos unha postal e unha caixa chea de chocolatinas deliciosas. Moitas grazas Sabine!


martes, 27 de xuño de 2017

OBRADOIROS

Olga e Belén, nai e tía de Unai, viñeron á aula a ensinarnos moitas cousas. Fixemos obradoiros de contos sobre a lagoa, primeiros auxilios e de galletas. Queremos agradecervos a todas as familias que durante o curso viñestes a ensinarnos tantas cousas e a compartir tan bos momento con nós. Moitas grazas!







xoves, 22 de xuño de 2017

Fin de curso en 6º de Educación Infantil


Remata o último curso da nosa andaina en Educación Infantil e o próximo curso imos ser xa alumnos e alumnas de Educación Primaria. Que rápido pasou o tempo!
Aquí tedes un vídeo resumo dalgunhas das moitas actividades que fixemos ao longo deste curso. Esperamos que vos guste. Preme na foto para ver o vídeo.

martes, 20 de xuño de 2017

DÍA DAS FAMILIAS 2017

O pasado venres 16 celebramos o Día das Familias en Educación Infantil. Foi unha xornada moi divertida e interesante, e houbo moitas actividades. Ao primeiro, algunhas nais e pais representaron unha obra de teatro chamada “Os tres porquiños aviadores”, que divertido! Gustounos moitísimo. Despois houbo obradoiros: da Botella da Calma, de Pintura en Tea, de Marco de Fotos e obradoiro de Maquillaxe. Paxámolo xenial!!

mércores, 7 de xuño de 2017

ACUARIO












Onte martes instalamos un acuario na entrada do edificio de norte, onde están as aulas de Infantil. Un amigo, Manolo Recarey, nolo donou para o colexio, montouno e púxoo en funcionamento. Máis tarde veu Vanessa cuns peixes que trouxo da tenda de animais na que traballa. Tróuxonos uns peixes chamados guppies, 4 femias e dous machos. Algunhas delas están preñadas, así que nuns días parirán fillos e fillas. Si, porque estes peixes son vivíparos!!