Andando o Camiño
O pasado xoves as alumnas e os alumnos de 4 e 5 anos do colexio fixeron un anaco do Camiño de Santiago, xunto con algúns familiares (nais, pais, algún avó e unha tía) e profes. Fomos camiñando desde o colexio ata San Paio, e volvemos. En San Paio visitamos a capela de Santa Lucía, merendamos no seu adro, cantamos algunha cantiga e voltamos. Foi unha bonita experiencia. Moitas gracias a todos e todas quen participastes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario