mércores, 3 de maio de 2017

PEREGRINACIÓNS









Este venres pasado os alumnos e as alumnas de Educación Infantil converteron a entrada do colexio nunha aula. Como vedes, os carteis que puxemos na cancela de entrada están completas coa escrita dos peregrinos e peregrinas. Xunto a cadanseu nome escribiron de onde eran e sobre a súa experiencia do camiño. Foi algo extraordinario, os carteis enchéronse en moi pouco tempo, semella que foi do gusto destas persoas! Hai xente de moitas partes do mundo; entre elas, fixémonos fotos con peregrinos e peregrinas que viñan de Alemaña, Dinamarca, Irlanda, Panamá e Estados Unidos. Tamén pasaron por diante do colexio Lucía Pérez e Tonhito de Poi, entrevistados por xornalistas da TVG. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario