A rapazada e as mestras de Infantil deséxanvos BO NADAL!
Voltamos en xaneiro con máis novas. Apertas
sábado, 21 de decembro de 2019
Festa do Nadal
Por fin chegou a tan agardada festa de Nadal!!!!!
A primeira hora xa estabamos ansios@s por ver a Melchor, Gaspar e Baltasar. Coas nosas cartas preparadas agardamos a chegada dos paxes reais que nos levaron onda eles. Uauuuuuuu! Alí estaban os tres sentados ollando para nós. Cada nen@ escolleu a cal deles lle quería entregar a carta e recibiu un agasallo.
Despois da visita dos reis, chegou o momento de cantar e bailar. Houbo unha chea de actuacións! Nós bailamos e cantamos "Indo eu". Debémolo facer moi ben que nos aplaudiron moito!
E a festa rematou cunha merendola deliciosa: chocolate, churros, filloas e churros!!!😋😋😋😋Grazas familias por acompañarnos nesta celebración.
Grazas Anpa, Imaxson e Carmiña por toda a traballeira coa música, decoración, papatoria...
Foi unha festa xenial!!
Nadal en 3 anos
Chegou decembro e con el o Nadal e na aula de 3 anos preparámolo con moita ilusión.
Preparamos as nosas composicións de Nadal para as nosas postais ás familias. Que ilusión!
Decoramos entre todos unha árbore de Nadal...
Pintamos bólas para a nosa árbore da casiña.
Preparamos as nosas composicións de Nadal para as nosas postais ás familias. Que ilusión!
Decoramos entre todos unha árbore de Nadal...
Pintamos bólas para a nosa árbore da casiña.
E como non, tivemos unha visita moi especial... OS REIS MAGOS!!! Preparamos a nosa carta e déronnos un agasallo...GRACIAS!
Desde a aula de 3 anos desexámosvos moi boas festas.
xoves, 19 de decembro de 2019
Despedidas
Hai días que son un pouco máis tristes porque toca despedirse, pero os nosos corazóns quedaron contentos por terte coñecido, profe Yéssica. Ímoste botar de menos! Quixemos que levaras un libriño con tódolos nosos debuxos, uns contos e unha aloe vera.
Grazas polos agasallos que trouxeches para nós. Uns contos ben fermosos!!! Cando os leamos acordarémonos de ti.
Esperamos que volvas de vez en cando a visitarnos.
Aperta grandota💗😘
Grazas polos agasallos que trouxeches para nós. Uns contos ben fermosos!!! Cando os leamos acordarémonos de ti.
Esperamos que volvas de vez en cando a visitarnos.
Aperta grandota💗😘
Xoguetes para a igualdade
Hoxe na aula de 4 anos reflexionamos sobre..."hai xoguetes para nenos e outros diferentes para nenas?". Había diversidade de opinións. Aquel@s que pensaban que os xoguetes eran diferentes para nenos e para nenas foron dicindo algúns dos xoguetes que el@s consideraban que eran para nenas como por exemplo os unicornios, os corazóns, as bonecas... e para os nenos; os coches, os monstros, as pelotas, os patíns azuis...
Despois observamos unha serie de xoguetes que temos na aula e fóronos colocando na bandexa en función das persoas que xogaban con eles, as nenas ou os nenos. Despois de separalos, preguntámonos, "entón eu se son unha nena non podo xogar cun tren?, e as nenas desta clase non poden xogar con esta pelota?, e un neno non pode ter uns patíns azuis?...". Despois de pensar e pensar, chegamos á conclusión de que cada nena ou neno pode xogar ao que a ela ou el lle apeteza, que non hai xoguetes de nenos e de nenas e tampouco hai cores diferentes para cada sexo.
Finalmente decidimos xuntar tódolos xoguetes na bandexa da igualdade.
mércores, 18 de decembro de 2019
martes, 17 de decembro de 2019
Chegou a carteira!
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Cruz, a carteira, veu ao cole para recoller as postais que elaboramos para enviarlle ás nosas familias. Falounos sobre o seu traballo, ensinounos o uniforme, o carriño...e trouxo agasallos para tod@s. Nos tamén tiñamos algo para ela, unha aloe vera.
Grazas Cruz!
Grazas Cruz!
luns, 16 de decembro de 2019
venres, 13 de decembro de 2019
Árbores de Nadal
Todos deixamos a nosa pegada nestas árbores de Nadal tan chulas. Canto nos gustan estes momentos de encontro entre @s máis maiores e @s máis cativos do cole!
xoves, 12 de decembro de 2019
Cantares de Reis
Onte saímos cantalos reis e repartir postais pola aldea. Só nos deu tempo a cantar en tres casas porque comezou a chover e voltamos para o cole. Sería porque non cantabamos moi ben? O ano que vén ensaiaremos algo máis.
Grazas familias por acompañarnos!!
Grazas familias por acompañarnos!!
Relaxación cunha campá
Na aula de 3 anos trouxemos un adorno de Nadal que era unha campá e fixemos con ela un exercicio de relaxación.
Primeiro pasamos a campá e fixemos ruído con ela, pero despois tiñamos que facelo moi despacio e estar moi atentos e atentas para que a campá dese unha volta enteira á roda da rapazada sen que soara.
Primeiro pasamos a campá e fixemos ruído con ela, pero despois tiñamos que facelo moi despacio e estar moi atentos e atentas para que a campá dese unha volta enteira á roda da rapazada sen que soara.
Oveiras
Para realizar manualidades do Nadal pedimos ás familias oveiras e en 3 anos, que casualidade, tiñamos un novo xoguete sen abrir que tiña moito que ver con eso.
Estivemos xogando a facer hipóteses, escoitamos, tocamos, miramos e... Que era?
Unha oveira con 4 ovos para o recuncho da cociña! Pero se tiñamos oveiras máis grandes... Contamos, comparamos... E ordenamos...
Fixámonos nas etiquetas! E nesta oveira cantos ovos collen?
Etiquetamos!
E como non... explotamos o plástico de embalar! Que divertido!
Estivemos xogando a facer hipóteses, escoitamos, tocamos, miramos e... Que era?
Unha oveira con 4 ovos para o recuncho da cociña! Pero se tiñamos oveiras máis grandes... Contamos, comparamos... E ordenamos...
Fixámonos nas etiquetas! E nesta oveira cantos ovos collen?
Etiquetamos!
E como non... explotamos o plástico de embalar! Que divertido!
Tarta de raios de sol
Seguimos cociñando pero desta volta... cociñamos debuxos. Fixémolo por parellas. Ás veces é difícil compartir un mesmo papel, poñernos de acordo (quen comeza?), agardar a nosa quenda...pero despois de superar todos estes atrancos descubrimos que o traballo en equipo é moi gratificante.
Aula de 4 anos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)