xoves, 19 de decembro de 2019

Xoguetes para a igualdade

Hoxe na aula de 4 anos reflexionamos sobre..."hai xoguetes para nenos e outros diferentes para nenas?". Había diversidade de opinións. Aquel@s que pensaban que os xoguetes eran diferentes para nenos e para nenas foron dicindo algúns dos xoguetes que el@s consideraban que eran para nenas como por exemplo os unicornios, os corazóns, as bonecas... e para os nenos; os coches, os monstros, as pelotas, os patíns azuis...
 Despois observamos unha serie de xoguetes que temos na aula e fóronos colocando na bandexa en función das persoas que xogaban con eles, as nenas ou os nenos. Despois de separalos, preguntámonos, "entón eu se son unha nena non podo xogar cun tren?, e as nenas desta clase non poden xogar con esta pelota?, e un neno non pode ter uns patíns azuis?...". Despois de pensar e pensar, chegamos á conclusión de que cada nena ou neno pode xogar ao que a ela ou el lle apeteza, que non hai xoguetes de nenos e de nenas e tampouco hai cores diferentes para cada sexo.
Finalmente decidimos xuntar tódolos xoguetes na bandexa da igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario