venres, 19 de xuño de 2020

DESPEDIDA

Chegou a fin de curso!
O remate deste ano é estrano.
Non puidemos vernos, abrazarnos...😔 
Pero despois das vacacións voltaremos á escola😉
para poder compartir moitos momentos xunt@s😍.
Disfrutade do verán e coidádevos moito😷
Unha aperta ben grande💖


mércores, 17 de xuño de 2020

Día Nacional da Lingua de Signos

O día 14 de xuño foi o Día Nacional da Lingua de Signos.
É importante recoñecer e valorar a lingua de signos para poder vivir en igualdade, solidariedade e xustiza💜





xoves, 11 de xuño de 2020

Cine na casa

E como din que estes días vai chover,
aquí vos deixamos uns vídeos curtiños 🎦
dalgúns contos que seguro que coñecedes 😉





xoves, 4 de xuño de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Mañá é o Día Mundial do Medio Ambiente 🌳🌼🐋🐸🌊
É necesario que sexamos conscientes da realidade do medio ambiente que temos que coidar porque non temos outro planeta no que vivir 🌍
Deixámosvos dúas curtas. A primeira,"Choiba", é unha curta que nos fala do Mono Araña Café 🐵, unha especie que se atopa en perigo de extinción. É importante protexer a vida silvestre dos animais!


Esta outra curta "Érase una vez el océano", conciéncianos sobre a importancia de protexer os océanos  🌊💓


mércores, 3 de xuño de 2020

Experimentos. Proposta para a casa

Como vos gustan tanto os experimentos, aquí vos deixamos varias propostas. Pincha nas ligazóns e segue as explicacións.
Non esquezas compartir os vídeos ou fotos con nós 😉

Carreira de globos  

Ovo saltarín

Arco da vella

Bolsa máxica
 

Sesión de yoga

Quen se anima a facer yoga?

 

luns, 1 de xuño de 2020

Retos XXV

Facemos a manicura en 3 anos!💅
Que guapos e guapas quedamos! 😍














Proposta para a casa: Pintar con xeo

Nestes días que vai tanta calor, deixámosvos esta proposta fresquiña que chega dende a escola de Nigrán. Grazas por compartila. Só precisades unha cubiteira, auga, paus e colorante. Animádevos!!😉

 

martes, 26 de maio de 2020

Retos XXIV

Puzzles cos nomes das nosas familias 👪👫👬👭


Composicións coas mans da familia! ✋👐😍




Pintando sombras 😎🌞




mércores, 20 de maio de 2020

As nosas pitas


Retos XXI

Os nomes da nosa familia 💏💑










ABRAZANDO ÁRBORES

Anxo Moure, "O carballo con botas" estivo o ano pasado no cole contándonos contos. Neste tempo no que están desaconselladas as apertas entre humanos, aconséllanos que abracemos árbores.

Cando abrazas unha árbore
Abrazas a memoria de quen a plantou
Abrazas a vida de quen a coidou
Abrazas a chuvia que a regou.
Abrazas o sol que a fixo medrar.
Abrazas os paxaros que seu niño gardou.
Abrazas o vento co que bailou
Abrazas a néboa que a acariciou
Abrazas a xiada e a neve que a pintou
Abrazas a quen a abrazou... 
                                        Anxo Moure 

E nós seguimos o consello de Anxo e abrazamos castiñeiros, carballos, figueiras, nogueiras, cerdeiras, piñeiros, sobreiras.. 🌳🌲
Algunhas árbores traen consigo historias, recordos, emocións...💕
Grazas familias por compartilas😊