Anxo Moure, "O carballo con botas" estivo o ano pasado no cole contándonos contos. Neste tempo no que están desaconselladas as apertas entre humanos, aconséllanos que abracemos árbores.
Cando abrazas unha árbore
Abrazas a memoria de quen a plantou
Abrazas a vida de quen a coidou
Abrazas a chuvia que a regou.
Abrazas o sol que a fixo medrar.
Abrazas os paxaros que seu niño gardou.
Abrazas o vento co que bailou
Abrazas a néboa que a acariciou
Abrazas a xiada e a neve que a pintou
Abrazas a quen a abrazou...
Anxo Moure
E nós seguimos o consello de Anxo e abrazamos castiñeiros, carballos, figueiras, nogueiras, cerdeiras, piñeiros, sobreiras.. 🌳🌲
Algunhas árbores traen consigo historias, recordos, emocións...💕
Grazas familias por compartilas😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario