venres, 31 de xaneiro de 2020

Regletas

Atoparemos dúas regletas que ao xuntalas sexan da mesma lonxitude que a regleta máis longa, a do 10?
 Aula de 5 anos

Xunt@s mellor

Tódolos mércores xuntámonos @s compis das 3 aulas de Infantil. Desta volta dividímonos en dous grupos. Lemos "El hombrecillo de papel" e decoramos as nosas siluetas cheas de palabras fermosas e das cores das flores, da herba, dos ríos...


 




Lecturas bonitas

Onte Álex de 5 anos quixo compartir con nós un conto da súa casa e nós encantados e encantadas estivemos escoitando, bailando e cantando.
 
 E hoxe Noa trouxo outro conto e tamén nolo quixo contar.
 Que marabilla!
Aula de 3 anos

Complementarios do 10. Iniciación á suma

Repartimos diferentes conxuntos de obxectos a cada nen@. Contámolos e temos que xuntarnos con alguén para ter en total 10 obxectos. Conseguímolo!!
Aula de 5 anos

Día da Paz en 3 anos

Seguimos co conto de "El hombrecillo de papel" e desta vez pedimos axuda ás familias para pintar e decorar homiños e poñerlle palabras bonitas que tanto debemos ter en conta neste día e todos os días.

 Todos ensinaron aos seus compis os seus traballos...Que orgullosos e orgullosas estaban dos seus homiños!!!
  

E mirade como quedou o noso mural!

Gracias familias pola colaboración.
Aula de 3 anos

Lucas e oso

Lemos o conto "Lucas e oso" e compoñemos con letras móbiles o nome das personaxes"
Aula de 4 anos

Tres letras

"Solo tres letras, tres letras nada más, sólo tres letras para siempre apprenderás. Solo tres letras para escribir PAZ..."
Repartimos letras magnéticas e quen ten estas tres letras?
Agora repartimos unhas letras moi curiosas... Feitas por nenos e nenas!

E se as facemos nós? Cantos nenos ou nenas nos fan falta para facer o p? Cal queres ser ti: o de azul ou o de verde? Como hai que colocarse, boca arriba ou de lado?
Onde poñemos as mans e os pés?
Aula de 3 anos

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Faladoiro sobre animais


Aula de 5 anos

Colecciona as túas palabras



Aula de 5 anos

Non é fácil pequeno esquío

Por que estaría tan triste o pequeno esquío. Que vos conten @s nen@s de 4 anos.

El hombrecillo de papel

Esta semana co motivo da celebración do Día da Paz estivemos lendo este conto...
 Coa súa lectura propiciou unha sesión de expresión oral onde aportamos que cousas tristes diría o homiño de papel de periódico e que cousas bonitas diría cando se convertiu nun home de cores e esto foi o que saíu...
 E despois a experimentar e manipular o papel de periódico.




Temos mais actividades preparadas...Estade atent@s!
Aula de 3 anos

Minimundos



Aula de 5 anos

Pulseiras

Aula de 5 anos

Que personaxe chegará máis lonxe?

Lanzamos os dados, sumamos os puntos, saltamos e colocamos a personaxe no número correspondente.

Aula de 4 anos

Apertura de perruquería


Se queredes que vos fagan un peiteado tan estiloso como estes, pasade pola perruquería da aula de 5 anos. Recordade pedir cita que nestes días xa quedan poucos ocos libres.

Minimundos



Aula de 4 anos

Xogos compartidos

Sesión de xogo c@s compis de 1º de primaria. Grazas por visitarnos!




Aula de 4 anos

Elefante Comellón

Actividade semanal: debuxo e escritura do nome dalgunha personaxe do conto lido.
Aula de 4 anos

luns, 27 de xaneiro de 2020

Pompas de xabón

O xoves sorprendeunos o profe Antón facendo pompas xigantes no patio. Que divertido!
Ao día seguinte na aula estivemos facendo pombas e así practicamos o sopro. E despois saímos ao patio a explotalas!


Despois do recreo...
Relaxación coas pompas! Primeiro explotamos as pompas (sen empuxar, sen berrar...) e despois facemos o mesmo pero sentados. E por último observamos como explotan as pompas no chan! Que ben o fixemos!
Aula de 3 anos

Pequenos tesouros

O outro día Nicolás sorprendeunos cun caracoliño que atopara na casa da súa avoa.


Contounos onde o patoparan, porque lle metera verdura no bote e por que lle fixera uns buratiños na tapa. Estivemos moi atentos observándoo, recordamos as partes do caracol e ata cantamos. Gracias por acordarvos de nós e aportar estes "tesouros educativos".
Aula de 3 anos