venres, 24 de xaneiro de 2020

Refuxiad@s

Continuamos afondando sobre as guerras e todo o que delas se deriva. Desta volta, xuntámonos c@s compis de 4º de primaria para ler "What is a refugee?". Despois da lectura, foron xurdindo moitas reflexións. Ao rematar de escoitar tódalas aportacións, puxémonos por parellas (mesturándonos o alumnado de infantil co de primaria) e escribimos palabras ou frases que nos viñan á cabeza despois da lectura e conversa. Estas foron as que saíron, mirade...


 Gustános compartir momentos c@s compis de primaria. Seguirémonos xuntando.
Aula de 4 anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario