xoves, 30 de abril de 2020

O rock da ovelliña de Mamá Cabra

Primicia!!! 📢📢📢📢
Xa chegou O rock da ovelliña de Mamá Cabra dende o Festival online "Cantos e Contos dende O POLEIRO!
Todo o mundo a cantar e bailar😎

 

Frauta caseira

Queredes aprender a facer unha frauta?🎵
Neste vídeo, Abraham Cupeiro, Coordinador do EDLG do Conservatorio da Coruña ensínamos como facela. Grazas por compartilo con nós. 


 E xa houbo quen probou a facela.
 Que chulada 😍 e que ben sona 🎼👏



Momentos compartidos XXV

Lista da compra🍅🌿🍏🍌
É moi importante apuntar todo o que precisamos así non esqueceremos ningún alimento e sobre todo remataremos antes de facela compra 😉


EXPERIMENTOS

Despois de ver onte o experimento do noso compi, houbo quen se animou a facelo!! 
Botade unha ollada 👀



E seguen chegando máis experimentos!!😮😮
"Volcán de cores"


Pero aínda chegan máis!!! Mirade, mirade
Canto sabedes de ciencia 👏👏 






Retos XII

Rematado o calendario do mes de Abril. 
Ánimo que xa queda menos para vernos 💪💪

Mirade que chulis estas posturas corporais feitas con botóns, algodón e escarvadentes 😍 


Reto: Lemos o conto "Por cuatro esquinitas de nada" e fixémoslle unha casiña para os redondiños e para os cadradiño! 
Bo traballo peques! 👏




Temos gañadora do reto de estimación!!!

Unha nena acertou o número de carretes que había no tarro 👏🎉
Parabéns Idaira 🎇🏆🎆
Queredes saber cantos había? Mirade ⬇⬇⬇ 
 

Móvete connosco na casa

Para que manteñades unha condición física saudable, aquí vos deixamos un xogo que poñerá a proba as vosas habilidades motrices e coordinativas. 
Pasádeo ben!!!
 
 

mércores, 29 de abril de 2020

Conto colectivo

Escoitade esta historia que inventaron @s nos@s compis!
Xuntando tódolos anaquiños 
quedou esta fermosura de conto😻😻
Parabéns!
 
 

Momentos compartidos XXIV

Mirade que experimento fixo o noso compi?
Moi ben explicado!!👏👏👏
Animádesvos a facelo? Queremos ver as fotos ou vídeo😉
 

Colaborando nas tarefas do fogar 👏👏
De vez en cando está limpar os xoguetes 

Que pintaza esas empanadillas!😋😋
Quedaría algunha para min?


Retos XI

Xogo de atención 
Que obxectos hai na bandexa? 
Só podes observar durante 3 segundos. Que ben o fixestes👏



 E chegan máis pulguiñas!
Que bonita!😍 
Parece que está botando un baile😀

Reto: Conmemorar o Día da Educación Física (nas nosas casas)
Bravooo!!🏃🎿🎽🎾






Día Internacional da Danza

Que vos parece festexar este día bailando?
 O grupo Pesdelán fai un percorrido polo mundo a través dos bailes tradicionais galegos, de Euskadi, Brasil ou Portugal?
Así que... todo o mundo a bailar!!!!
Podedes compartir con nós as vosas fotos ou vídeos bailando.

 

martes, 28 de abril de 2020

Día da Danza

Mañá é o Día da Danza, e cal vos parece a mellor maneira de celebrar este día? Pois si, bailando!!
Apuntade!! Mañá ás 12:00 música e danza!

Conto de animais

Queredes escoitar este conto que preparou o Monitorado do Salón Virtual do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra?
 

Retos X

Detectives de formas circulares e cadradas.
Xenial peques👏👏
 



Despois da lectura do conto "El país de las pulgas", 
mirade que pulgas tan chulis apareceron!😍
Picarán ou non?


luns, 27 de abril de 2020

Xogo de estimación (proposta para a casa)

Cantos carretes de fío pensades que hai neste tarro? Mirade ben e escribide a vosa estimación xunto co voso nome (ao fondo desta publicación  deixade a vosa resposta).
E se queres xogar na casa, colle un tarro e mete nel varios obxectos. Pregúntalle a papá, mamá, irmáns...(podes enviarlle a foto a curmáns, av@s...) "Cantos obxectos pensas que hai neste tarro?". Non te esquezas de ir apuntando as respostas, o nome da persoa e a súa estimación.
Unhas horas despois contas os obxectos que había no tarro e....... Acertaría alguén?

Momentos compartidos XXIII

Primeiros paseos despois de 40 días na casa! 👏👏


Mirade, mirade!!
Comezan a saír as lentellas plantadas🌱🌱🌱🌱🌱

 Proxecto dos Xogos Olímpicos

Retos IX

Mirade que xeniais estas posturas corporais elaboradas con botóns, tela e escarvadentes😍
 

venres, 24 de abril de 2020

Mr. Men & Little Mis (proposta para a casa)

Agradecemos esta proposta dunha mamá que disfruta na casa da lectura dunha colección de contos que se titula "Mr. Men & Little Mis" da Editorial Laberinto. Nas fotos podedes ver algunhas das personaxes que aparecen nestes contos.

Estes contos son ideais para falar das emocións porque de cada personaxe destácase un rasgo da súa personalidade.
A proposta para a casa consiste en imaxinar historias con estas personaxes ou tamén buscar a alguén que encaixe nesta personalidade "coñeces a alguén que sexa gruñón?".
Podedes enviarnos as vosas historias. 
Pasádeo ben xogando con estas divertidas personaxes😊

Día do Libro

Fermoso vídeo que nos leva ao mundo marabilloso dos libros😍

Momentos compartidos XXII

Continuamos co proxecto dos Xogos Olímpicos

Pintado mandalas que relaxa un montón😉
 

Retos VIII

4º Reto da Semana do Libro
Axudar a poñer a mesa
Con que coidado e delicadeza colocades os pratos, vasos, culleres...😮 Moi ben👏👏





Mirade que atrapasoños tan chuli!😍
 

xoves, 23 de abril de 2020

Feliz Día do Libro

Que fariamos sen libros?🙈🙉🙊
Ler, escoitar ou observar un libro é algo que nos fai sentir tan ben que tódolos días queremos ter libros arredor nosa. Pero hoxe especialmente acordámonos un pouquiño máis deles, eses grandes "tesouros" que nos fan imaxinar, viaxar, sorrir... Para celebrar este día compartimos con vós este conto tan orixinal que preparou a profe Mónica. Grazas 💜💓 Que fermoso!

Momentos compartidos XXI

E que andará a facer a rapazada estes días? 
Mirade, mirade!
Botando unha partida de cinquillo

O abecedario

Retos VII

3º Reto da Semana do Libro
Adiviñar tocando o que hai dentro da bolsa




 E aquí van máis retos conseguidos ↓↓↓↓
Facer un atrapasoños para apresar soños e boas ideas.
E agora a colgalo na cabeceira da cama 
e a durmir coma un anxiño!👼 

 Representar diferentes posturas corporais, primeiro co corpo e despois co material elixido. Neste caso foron escarvadentes e lacasitos 😋