mércores, 15 de abril de 2020

Reproducimos obras de arte? (proposta para a casa)

Grazas mamá de 5 anos por facernos chegar esta proposta tan artística e divertida recollida da páxina do The Metropolitan Museum of Art de New York. 
Debemos escoller unha obra de arte dalgún museo e sacar unha foto reproducíndoa como nestes exemplos:


Podedes escoller calquera obra de arte plástica como pintura, debuxo, gravado e escultura; ou tamén podedes elixir outras expresión artísticas como pode ser a fotografía ou a arte urbana (graffitis, murais...).
Animádevos! 
Sacade a vosa foto e non esquezades compartila con nós!😉

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario