Este mércores 31 de outubro no colexio de Lavacolla ás 9 da mañán soou o timbre de entrada e a escola empezouse a encher de seres terroríficos: bruxas, vampiros, momias, seres diabólicos, esqueletes... Nos corredores e nas aulas xa se notaban as ansias e as ganas de festa!!!! E a escola xa estaba toda decorada!
En Infantil tivemos a sorte de contar con uns familiares dos peques que nos representaron unha obra de teatro titulada " A min non me comas". Foi un momento especial que nos encantou.
Despois pasaron @s alumn@s de 6° de Primaria polas aulas...que susto!!!Pero que ben que nos deixaron uns carameliños!
E chegou o momento de saír a comer as castañas, os churros e o chocolate quentiño que nos tiñan preparado para disfrutar cas nosas familias. Que rico estaba todo!
E saímos outra vez na TVG, polo que quen esté interesado en ver a reportaxe que nos fixeron só tedes que clicar na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario