En 3 anos estes venres pasados tivemos talleres de experiencias onde poidemos volver a experimentar coa espuma e fixemos varias actividades.
Aproveitamos para despedirnos do Samaín facendo unhas pantasmas ou monstruos chulísimos
Como a espuma é de cor branca disfrutamos facendo un xogo de clasificación de obxectos segundo a cor. Fixémolo xenial!
E noutra sesión no noso baúl das sorpresas viñan dúas cores (azul e amarelo) e probamos a mezclar as dúas cores e ver que pasaba. Alá fomos e...
SORPRESA! Saiunos a cor verde!!! Que emoción ver o que conseguimos!
E estes peques cando viron as súas formas plasmadas nas cartulinas dixeron: Profes, o monstruo verde!!! Pois si, acordábanse do conto que lemos nunha sesión..
FUERA DE AQUÍ, HORRIBLE MONSTRUO VERDE!
Seguiremos experimentando...😃
Ningún comentario:
Publicar un comentario