mércores, 13 de febreiro de 2019

DÍA ADICADO Á NATUREZA EN INFANTIL

Este pasado luns día 11 de febreiro empezamos o día plantando os peques de 3 e 4 anos uns bulbos dunha planta chamada Fresia.

 FRESIAS








Todos e todas estivemos super atentos e plantamos nuns tarriños de cristal e nos seguintes días iremos facendo as tarefas de regado así como de observación para detectar os cambios que se van a producir. 

Despois na hora adicada semanalmente para os talleres conxuntos decidimos sair a facer un roteiro polos arredores da escola posto que facía un día estupendo. 

Alá imos!!! 🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶


Paseamos, paseamos e cando chegamos a unha zona máis segura...





Despois de tanto exercicio e movemento voltamos para o cole onde no camiño atopamos e poidemos saúdar á familia de Idurre ❤️💗


Cando veña bo tempo aproveitaremos para saír a camiñar, disfrutar da natureza e ir descubrindo cousas novas en cada saída. 

martes, 12 de febreiro de 2019

TEATRO E VISITA DUNHAS DENTISTAS



O pasado venres día 8 de febreiro os nenos e nenas de Infantil tivemos un día intenso. En primeiro lugar fomos a ver unha obra de teatro titulada "Burbujas de papel" ao Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela.

Este espectáculo era sin palabras e combinaba danza, música e interacción multimedia. 



O protagonista era Roger un trompetista enamorado das burbullas que coñecía a unha fada moi traviesa (canto nos rimos jaja) que vai axudarlle a conseguir devolverlle as ganas de xogar, de rir, de imaxinar e de bailar. 


Ao chegar ao colexio tiñamos unha visita especial: viñeron Sofía (nai de 3 alumnos/as do colexio e xerente e odontóloga da Clínica Dental Mares), Eva (técnica audiovisual) e Tania (técnica en Documentación Sanitaria), todas da mesma clínica. 


Estivéronnos explicando datos sobre os nosos dentes e sobre os coidados que debemos ter en conta e levar a práctica para ter unha dentadura boa e san. Ata nos ensinaron a maneira correcta de lavar os dentes. Moitas gracias! 





Moitísimas gracias polos agasallos, polas explicacións e por todo o cariño con que fixestes estas charlas. 

luns, 11 de febreiro de 2019

ESTAMPAMOS CON VERDURAS

En 3 anos despois de ler o conto " A mellor sopa do mundo", de facer as nosas propias sopas especiais, de aprender a  poñer a mesa, de ata facer un biscoito coas familias...fomos un paso máis alá e démoslle unha voltiña ao tema das verduras e froitas.

EMPEZAMOS!!!!!! 

1º) Fomos sacando os diferentes ingredientes que aparecen no conto e que os animais aportan para conseguir cociñar a mellor sopa do mundo.


2ª) Despois de nombralos buscamos as súas tarxetas correspondentes e analizamos as letras iniciais, cores, etc.




3º) Descubrimos que no noso maletín "máxico" había os ingredientes pero non eran de xoguete...eran reais. Polo que fomos saíndo a colocar cada un no seu sitio. Fixémolo xenial! 






4º) Como tiñamos unhas tarxetas, empezamos a xogar. Eran tarxetas de froitas partidas á metade e había que relacionalas co seu igual real, e despois fixemos uns exercicios para relacionar a pel de cada froita.  Ata estivemos vendo as sementes de cada unha.

E agora si! Tocou o turno de pintar!!!! 🎨🎨🎨🎨🎨🎨



                                                                                                                                                                              




Estivemos estampando froitas e verduras e ademais de disfrutar un montón fixemos unhas obras chulísimas.







mércores, 6 de febreiro de 2019

TALLER DE IOGA



O pasado luns 4 de febreiro as tres aulas de Educación Infantil fixemos un taller conxunto onde poidemos acercarnos un pouco máis a unha actividade que nos chama moito a atención pola súa boa repercusión na actividade educativa, como é o IOGA. Da man de Marta, unha mestra que nos acompaña durante uns días, puxémonos mans á obra. 





Que divertido é esto do ioga!!! E que beneficioso! Seguiremos aprendendo e poñéndoa en práctica.