O pasado venres día 8 de febreiro os nenos e nenas de Infantil tivemos un día intenso. En primeiro lugar fomos a ver unha obra de teatro titulada "Burbujas de papel" ao Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela.
Este espectáculo era sin palabras e combinaba danza, música e interacción multimedia.
O protagonista era Roger un trompetista enamorado das burbullas que coñecía a unha fada moi traviesa (canto nos rimos jaja) que vai axudarlle a conseguir devolverlle as ganas de xogar, de rir, de imaxinar e de bailar.
Ao chegar ao colexio tiñamos unha visita especial: viñeron Sofía (nai de 3 alumnos/as do colexio e xerente e odontóloga da Clínica Dental Mares), Eva (técnica audiovisual) e Tania (técnica en Documentación Sanitaria), todas da mesma clínica.
Estivéronnos explicando datos sobre os nosos dentes e sobre os coidados que debemos ter en conta e levar a práctica para ter unha dentadura boa e san. Ata nos ensinaron a maneira correcta de lavar os dentes. Moitas gracias!
Moitísimas gracias polos agasallos, polas explicacións e por todo o cariño con que fixestes estas charlas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario