luns, 11 de febreiro de 2019

ESTAMPAMOS CON VERDURAS

En 3 anos despois de ler o conto " A mellor sopa do mundo", de facer as nosas propias sopas especiais, de aprender a  poñer a mesa, de ata facer un biscoito coas familias...fomos un paso máis alá e démoslle unha voltiña ao tema das verduras e froitas.

EMPEZAMOS!!!!!! 

1º) Fomos sacando os diferentes ingredientes que aparecen no conto e que os animais aportan para conseguir cociñar a mellor sopa do mundo.


2ª) Despois de nombralos buscamos as súas tarxetas correspondentes e analizamos as letras iniciais, cores, etc.




3º) Descubrimos que no noso maletín "máxico" había os ingredientes pero non eran de xoguete...eran reais. Polo que fomos saíndo a colocar cada un no seu sitio. Fixémolo xenial! 






4º) Como tiñamos unhas tarxetas, empezamos a xogar. Eran tarxetas de froitas partidas á metade e había que relacionalas co seu igual real, e despois fixemos uns exercicios para relacionar a pel de cada froita.  Ata estivemos vendo as sementes de cada unha.

E agora si! Tocou o turno de pintar!!!! 🎨🎨🎨🎨🎨🎨



                                                                                                                                                                              




Estivemos estampando froitas e verduras e ademais de disfrutar un montón fixemos unhas obras chulísimas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario