martes, 31 de marzo de 2020

Momentos compartidos XII

Xogando coas letras para compoñer palabras, escribilas e contar as letras para saber cal é a máis longa
Disfrutando coa plastilina caseira

 Tarefas feitas a partir da proposta da Eiruga Larpeira



Se aínda non vos animastes a compartir algún momentocon nós, recordade que podedes facelo neste enderezo ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com


Aniversarios dende a casa

Que idea tan boa😉

E ti, que será o primeiro que fagas cando isto remate?

Grazas Mónica (mamá de 4 anos) por esta proposta e montaxe tan chuli. Parabéns 👏 Quedou xenial !!

Plastilina caseira (proposta para a casa)



Queredes aprender a facer plastilina caseira coma os vosos compis?
 Só precisades:
 Mirade este vídeo, xa veredes que sinxelo é.

Animalario II


luns, 30 de marzo de 2020

ANIMALARIO



Perooooo que está pasandoooooooo  😱😱😱😱Animais salvaxes están entrando nas casas!! Quererán protexerse tamén do coronavirus?😀
Se queredes acollelos na vosa casa, mirade este vídeo e saberedes como facelo.
 

Momentos compartidos XI

Mirade que equilibrio!!
 Batindo ovos
 Conteo e asociación de grafía e cantidade de obxectos
Proposta: Chibos Chibóns. Aquí están as vosas tarefas 👏





Todo vai saír ben IV




Aplausos agradecidos

Seguimos aplaudindo para recoñecer e agradecer o traballo do persoal sanitario e doutr@s moit@s traballador@s que adican o seu traballo a loitar contra o Covid19. En moitos casos estanse poñendo en risco para asegurar a sáude e o benestar dos demais.
GRAZAS
 

Paco Papán (proposta para a casa)


Despois de escoitar o conto debuxade a personaxe principal, Paco. Tamén podedes escribir o seu nome. Recordade non copialo mirando o vídeo. Vós escribídeo e despois papá ou mamá poden escribir debaixo as letras que faltan. 
E non esquezades compartilo con nós!
Podedes envialos a ceipmestrerodriguezxixirei@gmail.com

domingo, 29 de marzo de 2020

Fermoso conto

Despois de debuxar o animal imaxinario inventaron un conto.
Que chulada👏👏 Parabéns!




Aplausos para nós

 Tódolos días ás 20:00 saímos a aplaudir aos balcóns, ventás, eiras... Esta semana nunha casa que está moi cerquiña do cole acordáronse de toda a rapazada de infantil e adicáronnos os seus aplausos en agradecemento ás veces que petamos na súa porta para cantarlles algunha cantiga.
Grazas por acordarvos de nós💖 Que emoción!Estes detalles son os que fan que sigamos pensando que abrir a escola á comunidade é enriquecedor para ampliar a mirada e así construír aprendizaxes máis alá das aulas.



Momentos compartidos X

 Ensinándonos o cepillo de dentes decorado por ela. Lindo!



Estes días houbo unha chea de cociñeir@s!! Quen me dera probar esas rosquillas e tortitas😋😋


sábado, 28 de marzo de 2020

Concerto "Rockeando dende a casa"

Hoxe ás 18:00 concerto de Pakolas para mover o esquelete dende a casa. 
Non o perdades!!!
Entrade neste link para velo www.salondolibro.gal/salon-virtual/

Teatro de Sombras

Como onte foi o Día Mundial do Teatro, deixámosvos este teatro de sombras "La pequeña oruga glotona". Esperamos que vos guste. 

 
 

Momentos compartidos IX

Compoñendo palabras con letras móbiles
 Xogando a buscar parellas
 Escribindo os nomes d@s compis da clase
 Achuchando os peluches
 Colocando os obxectos no lugar onde se atopan
 Momento de lectura cos Bolechas
 Esperando que enfríen as magdalenas para ...ñam, ñam. Que pintaza!

venres, 27 de marzo de 2020

Cantiga para brincar

Aquí tendes unha cantiga para recitar ou cantar acompañándoa con esta brincadeira de mans. Animádesvos a aprendela?
Esta cantiga foi recollida polo mestre e músico Luís Prego.
A letra di así:
Dedín, dedín pequerrechín
cando o rei por alí pasou
tódalas aves convidou
menos unha que voou
vaite gazapo, vaite deitar
detrás da igrexa de Soar
que alí che levarán o xantar
papas ou leite?

Momentos compartidos VIII

A pescar!
 Puzzle dos Chibos Chibóns, labirintos
 Que divertido este xogo de auga! Quen conseguirá atrapar máis pelotas?
 Sumando coas fichas do dominó.
 Escribindo a lista da compra. Mmmm que ganas de churrasco!😋
 Compoñendo con letras os nomes d@s compis da clase que tanto botamos de menos estes días😭😭
 Debuxando animais imaxinarios.
Que orixinal este circuito 👏! Temos que organizar un así no cole. Non tiredes as medias vellas!


xoves, 26 de marzo de 2020

Sesión de ioga en familia (proposta para a casa)

Dividiremos esta sesión en 3 fases:
-  1ª FASE: Preparación e concentración. 
Sentámonos en círculo coas pernas cruzadas, as mans apoiadas nos xeonllos e pechamos os ollos (podemos ambientar o lugar con música relaxante, poñer candeas...).
Comezamos a realizar inspiracións profundas polo nariz e soltar o aire lentamente tamén polo nariz. Contamos ata 4 para coller aire e ata 4 de novo para soltalo. Repetimos 3 veces.
Antes de cantar o Om preparámonos repetindo "Vou cantar un Om (elevamos os brazos arriba) para min (tocamos o noso peito); vou cantar un Om (volvemos elevar os brazos) para ti (sinalamos a persoa que está con nós); vou cantar un Om (de novo elevamos os brazos) para o mundo (abrimos as palmas da man como se ofreceramos algo)". Despois inspiramos e soltamos o aire pola boca dicindo "Oooooommmmmmmmmmm". Recordámoslle que prolonguen a letra m ata que rematen o aire.
-  2ª FASE: Práctica de posturas.
Imitamos animais ou outras figuras como por exemplo:


Tamén podedes practicar en parellas:

-  3ª FASE: Volta á calma.
Sentamos de novo en círculo coas pernas cruzadas, as mans apoiadas nos xeonllos e pechamos os ollos. Inhalamos e exhalamos 5 veces.
Resultado de imaxes para: yoga niños balasanaFaremos a postura da Caixa pechada para relaxarnos.

Mantemos esta postura uns segundos cos ollos pechados.



Para rematar esta sesión podemos cantar esta canción "Sa ta na ma".

Despedímonos levando as mans xuntas ao peito
 NAMASTÉ 🙏


Podédesnos envíar fotos das vosas sesións de ioga.