Dividiremos esta sesión en 3 fases:
- 1ª FASE: Preparación e concentración.
Sentámonos en círculo coas pernas cruzadas, as mans apoiadas nos xeonllos e pechamos os ollos (podemos ambientar o lugar con música relaxante, poñer candeas...).
Comezamos a realizar inspiracións profundas polo nariz e soltar o aire lentamente tamén polo nariz. Contamos ata 4 para coller aire e ata 4 de novo para soltalo. Repetimos 3 veces.
Antes de cantar o Om preparámonos repetindo "Vou cantar un Om (elevamos os brazos arriba) para min (tocamos o noso peito); vou cantar un Om (volvemos elevar os brazos) para ti (sinalamos a persoa que está con nós); vou cantar un Om (de novo elevamos os brazos) para o mundo (abrimos as palmas da man como se ofreceramos algo)". Despois inspiramos e soltamos o aire pola boca dicindo "Oooooommmmmmmmmmm". Recordámoslle que prolonguen a letra m ata que rematen o aire.
- 2ª FASE: Práctica de posturas.
Imitamos animais ou outras figuras como por exemplo:
Tamén podedes practicar en parellas:
- 3ª FASE: Volta á calma.
Sentamos de novo en círculo coas pernas cruzadas, as mans apoiadas nos xeonllos e pechamos os ollos. Inhalamos e exhalamos 5 veces.
Mantemos esta postura uns segundos cos ollos pechados.
Para rematar esta sesión podemos cantar esta canción "Sa ta na ma".
Despedímonos levando as mans xuntas ao peito
NAMASTÉ 🙏
Podédesnos envíar fotos das vosas sesións de ioga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario