domingo, 29 de marzo de 2020

Aplausos para nós

 Tódolos días ás 20:00 saímos a aplaudir aos balcóns, ventás, eiras... Esta semana nunha casa que está moi cerquiña do cole acordáronse de toda a rapazada de infantil e adicáronnos os seus aplausos en agradecemento ás veces que petamos na súa porta para cantarlles algunha cantiga.
Grazas por acordarvos de nós💖 Que emoción!Estes detalles son os que fan que sigamos pensando que abrir a escola á comunidade é enriquecedor para ampliar a mirada e así construír aprendizaxes máis alá das aulas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario