venres, 8 de maio de 2020

Oso Pardo no Macizo Central Ourensán

Fai uns días, as cámaras instaladas no Parque Natural dos Montes do Invernadoiro para a rodaxe dunha película, gravaron a presenza dun OSO PARDO 🐻😲😱😮. Mirade o vídeo. É marabilloso poder velo e sobre todo saber que aínda quedan osos en Galicia😍


 E vós, que sabedes do oso pardo? Sabedes que clase de animal é? É un peixe, réptil...? É vertebrado ou invertebrado? Cal é a súa alimentación?
Pedídelle a papá e a mamá que vos axuden a investigar sobre este animal e despois podedes enviarnos algunha foto de toda a información recollida nun papel ou nun vídeo contándonos todo o que sabedes do oso pardo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario