venres, 22 de xuño de 2018

Premio no XV Concurso de contos de Aspamite

Este curso as alumnas e os alumnos de 5º de Educación Infantil gañaron o terceiro premio no XV Concurso de contos organizado por Aspamite (Asociación de pais de persoas con diversidade funcional de Teo), co conto "O tiranosaurio e Mateo xogan xuntos". Noraboa!


Proxecto Identidade de lugar









Neste curso as aulas 5º e 6º de Educación Infantil deste colexio participaron nun proxecto da Universidade de Santiago (USC) que leva por título “Identidade de lugar”, levado a cabo pola profesora Iria, a quen xa coñecedes, pois xa traballou con nós durante o curso pasado, e con ela aprendéramos un montón sobre prehistoria, entre outros temas.
Para o desenvolvemento deste proxecto realizou unha serie de actividades coa finalidade de ver como as rapazas e os rapaces constrúen a súa identidade de lugar e sentimento de pertenza:
  • ·        Entrevistas onde cada nena e cada neno conta que lugares significativos hai arredor da súa casa, como se chama o lugar onde vive...
  • ·        Debuxos das súas vivendas e o camiño que percorren para vir ao colexio.
  • ·        Observación de fotos das súas casas
  • ·        Escritura dos números das vivendas.
  • ·        Mapa dos camiños que van desde o colexio ás súas casas...
Foi un proxecto moi interesante e agradecémoslle a Iria que nos escollera para formar parte dese proxecto. Tamén dámoslle as gracias a Pepe, o seu mestre na Universidade pola súa implicación neste proxecto, que ata veu acompañarnos nalgunhas saídas que fixemos e seguiu con moito interese todo o que traballamos no colexio.
O último día tocou despedirnos. Preparámoslle un vídeo a Iria contándolle o que nos gustou compartir con ela. Entregámoslle unha maceta que tiñamos preparada nunha maceta e ela regalounos unha figueira como a de Pelostortos.
Despois baixamos ao pobo de Lavacolla a facer unha festa nun dos lugares sobre o que investigamos este curso, a chamada “Fábrica de Lavacolla”.

xoves, 14 de xuño de 2018

Visita e merenda na casa de Mercedes

Esta mañán as alumnas e os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil foron de visita á casa de Mercedes, a avoa de Aarón. Alí viron coellos, unha carreta de herba cortada do día anterior para eles (a herba recén cortada non lles senta ben aos coellos), un muíño eléctrico para moer millo, unha horta. Despois merendaron un bizcoito, auga e zumes debaixo da figueira da casa. Máis tarde xogaron na horta a facer rebolos e pinchacarneiros. Pasárono moi ben na casa de Mercedes. Moitas gracias a Mercedes e Natalie por recibirnos tan ben!

mércores, 13 de xuño de 2018

Facendo queixo en 5 anos



















Onte na aula de 5 anos a avoa, Marisa e a nai, Montse de Zaira ensináronos a facer queixo. Como vedes nas imaxes, cada alumno e cada alumna puideron levar cadanseu queixo. Estaba moi rico!! Moitas gracias, Marisa e Montse!!

martes, 5 de xuño de 2018

Obradoiros en 6º de Educación Infantil






Esta mañán, na aula de 5 anos, visitáronnos os padriños de Nicolás, que se chaman Laura e Javi. Javi, que traballa de bombeiro, trouxo o equipo completo e ensinoulles que deberían facer en caso de incendio, e deixoulles de agasallo un casco e pinturas paras cada alumna e cada alumno. Laura, por outra parte, trouxo camisetas e rotuladores para todas e todos e cada quen fixo un debuxo na súa camiseta. Ademais, tiveron varias axudantes de excepción, de 3º de Educación Primaria. 






Moitas gracias a Javi e Laura! E ás axudantes!