venres, 22 de xuño de 2018

Proxecto Identidade de lugar









Neste curso as aulas 5º e 6º de Educación Infantil deste colexio participaron nun proxecto da Universidade de Santiago (USC) que leva por título “Identidade de lugar”, levado a cabo pola profesora Iria, a quen xa coñecedes, pois xa traballou con nós durante o curso pasado, e con ela aprendéramos un montón sobre prehistoria, entre outros temas.
Para o desenvolvemento deste proxecto realizou unha serie de actividades coa finalidade de ver como as rapazas e os rapaces constrúen a súa identidade de lugar e sentimento de pertenza:
  • ·        Entrevistas onde cada nena e cada neno conta que lugares significativos hai arredor da súa casa, como se chama o lugar onde vive...
  • ·        Debuxos das súas vivendas e o camiño que percorren para vir ao colexio.
  • ·        Observación de fotos das súas casas
  • ·        Escritura dos números das vivendas.
  • ·        Mapa dos camiños que van desde o colexio ás súas casas...
Foi un proxecto moi interesante e agradecémoslle a Iria que nos escollera para formar parte dese proxecto. Tamén dámoslle as gracias a Pepe, o seu mestre na Universidade pola súa implicación neste proxecto, que ata veu acompañarnos nalgunhas saídas que fixemos e seguiu con moito interese todo o que traballamos no colexio.
O último día tocou despedirnos. Preparámoslle un vídeo a Iria contándolle o que nos gustou compartir con ela. Entregámoslle unha maceta que tiñamos preparada nunha maceta e ela regalounos unha figueira como a de Pelostortos.
Despois baixamos ao pobo de Lavacolla a facer unha festa nun dos lugares sobre o que investigamos este curso, a chamada “Fábrica de Lavacolla”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario