Esta mañán, na aula de 5 anos, visitáronnos os padriños de Nicolás, que se chaman Laura e Javi. Javi, que traballa de bombeiro, trouxo o equipo completo e ensinoulles que deberían facer en caso de incendio, e deixoulles de agasallo un casco e pinturas paras cada alumna e cada alumno.
Laura, por outra parte, trouxo camisetas e rotuladores para todas e todos e cada quen fixo un debuxo na súa camiseta.
Ademais, tiveron varias axudantes de excepción, de 3º de Educación Primaria.
Moitas gracias a Javi e Laura! E ás axudantes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario