Esta mañán as alumnas e os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil foron de visita á casa de Mercedes, a avoa de Aarón. Alí viron coellos, unha carreta de herba cortada do día anterior para eles (a herba recén cortada non lles senta ben aos coellos), un muíño eléctrico para moer millo, unha horta. Despois merendaron un bizcoito, auga e zumes debaixo da figueira da casa. Máis tarde xogaron na horta a facer rebolos e pinchacarneiros. Pasárono moi ben na casa de Mercedes. Moitas gracias a Mercedes e Natalie por recibirnos tan ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario