xoves, 24 de xaneiro de 2019

COCIÑANDO COAS FAMILIAS

Como nos gusta que as familias entren nas aulas e compartan con nós experiencias e momentos especiais.
Desta vez viñeron dúas mamás de 3 anos a facer un biscoito. 


Presentaron os ingredientes ...








Pero non todo foi cociñar... tamén cantamos 🎵🎵🎵🎵 e bailamos "Soy una taza" ...que ben o pasaron os e as peques!!!


E se poñemos no biscoito uns lacasitos que sempre ten a profe Ángeles na clase?? Pois que boa idea! 


Como no colexio non temos un forno tan grande pois levámolo ao forno do Garcas (moitas gracias pola axuda) e ...





E os peques de 3 anos decidiron compartir o biscoito cos compañeiros e compañeiras da aula de 4 anos e non quedou nadiña!!! Por que sería?? jajaj. Gracias compis!!



MOITAS GRACIAS MAMIS!!! E gracias por querer participar na vida da aula dos vosos fillos!! Ata a seguinte!!







COCIÑANDO, COCIÑANDO...

🍴🍴🍴🍴🍴🍴🍴🍴🍲🍲🍲🍲🍲🍎🍎🍎🍎🍎🍄🍄🍄🍄🍊🍊🍊🍊🍊🍋🍋🍋🍋🍋🍌🍌🍌🍌🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍴🍴🍴🍴🍴🍵🍵🍵🍵🍵🍵

Na aula de 3 anos fai uns días  lemos o conto "A mellor sopa do mundo" e nós fomos "facendo" a nosa sopa especial. Canto axudamos a remexer esa sopa!!!

Unha vez feita a sopa, ao igual que fan os animais do conto, hai que poñer a mesa e non o fixemos nada mal. 

Na seguinte sesión empezamos buscando os ingredientes da mellor sopa do mundo co tacto e saiunos xenial. 

E logo fixemos unha sopa cuns ingredientes moi especiais: círculos grandes, círculos pequenos, gomets(cachos de cenoria, cachos de pemento e cachos de ovo) e raias (fideos). 




Lemos o conto, introducimos o tema das receitas (ingredientes e modo de preparaciòn) e o hábito de poñer a mesa e fixemos sesión de debuxo. 



luns, 21 de xaneiro de 2019

PINTADO DE FILM

🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨

É luns e sí, toca taller conxunto en Infantil polo que volvemos a aproveitar que non chovía para facer de novo actividades ao aire libre. Desta vez puxemos mandilóns, preparamos témpera e pinceis e ...



... puxemos papel film en varios lugares do noso patio e a deixar voar a creatividade e a imaxinación. 









Sen dúbida foi unha experiencia diferente e moi divertida, que de seguro lle daremos algunha volta e volveremos a utilizar este tipo de papel para volver a crear. 

As obras resultantes foron as seguintes: 






Que bonito quedou o noso patio coas nosas obras!! 

🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨🎨

EMPEZAMOS TRIMESTRE CON GANAS

Os/as pequechos/as de Infantil e as súas mestras volvemos das vacacións de Nadal con moitas cousas que contar, con ganas de vernos, de facer cousas xunt@s... E como non, pronto retomamos unha  das actividades que máis nos gusta como son os talleres conxuntos. Nesta ocasión aproveitamos que non chovía e puxemos os abrigos e .....

....saímos a pasear polos arredores da escola. 

Saimos a facer outro roteiro!!! Alá vamos natureza ! 


Durante o paseo poidemos xogar e pisar as follas de outono que había ao lado da carretera, poidemos ver un cabalo branco precioso, saudar a algúns veciñ@s e ata meditar un chisco no medio do camiño. 






Seguiremos facendo estas saídas porque sempre aprendemos cousas novas e fan que disfrutemos da nosa contorna. 

luns, 7 de xaneiro de 2019

CANTAR OS REIS 2018

Está chegando o Nadal e os peques de Infantil do noso cole estamos dispostos a seguir coa tradición de saír pola aldea a cantar os reis. E para poder facelo ensaiamos panxoliñas, trouxemos panderetas, invitamos ás familias e uns días antes elaboramos unhas preciosas postais navideñas nun taller conxunto para deixalas polas casas e así felicitarlle estas datas tan entrañables. 

MANS Á OBRA!






Chegou o día e saimos a cantar os reis, pero o tempo non nos acompañou porque choveu e entón decidimos dar a volta e cantalos polas aulas do noso cole e pasámolo xenial! 


 O ano que vén volveremos a saír! 🎵🎵♫♫


TALLER "NEVADO" EN 3 ANOS.


Neste mes de decembro o último taller en 3 anos xirou arredor do conto "Sueños de nieve" de Eric Carle. Nesta entrañable historia aparece un granxeiro que só ten os animais que pode contar cos dedos dunha man e que lle chama "Un, dous, tres, catro e cinco" .
Cada pequech@ elixiu o animal que máis lle gustou e dispuxéronse a pintalos. Mirade, mirade!!! 

 Unha vez  que os pintamos quixemos cubrilos de neve ao igual que sucede no conto e para elo usamos dous aparellos cuns nomes moi enrevesados jajaj: perforadoras de papel e plastificadora. Son aparellos que nunca usaramos pero que ben o fixeron, con paciencia e ilusión acadamos o noso obxetivo. Bravo por eles!!!
Despois de facer un montón de circuliños brancos de papel botámosllos por encima aos nosos animaliños ...

E agora chegou o momento de usar o outro aparello que era a plastificadora!!! Que caras de emoción o ver como entraba o seu animaliño por un lado e saía polo outro plastificado e quente 😊. Con que coidadiño e que atentos estabamos!


Xa tiñamos os nosos animaliños cubertos de neve e que bonitos quedaron!!! 
Na seguinte sesión volvemos a ler o conto, e metemos o noso animaliño nun plástico, metémoslle boliñas  de poliespán  e cunhas palliñas fixemos voar as folerpiñas!!!





INFONADAL

Neste pasado mes de decembro viñeron tres chicas da Escola Galega de Consumo para levar a cabo unha actividade moi axeitada para estas datas navideñas titulada "INFONADAL". 

Nesta actividade falamos sobre os xoguetes e os agasallos que se piden agora polo Nadal ...falamos dos anuncios, dos folletos dos xoguetes...o que nos dou pé a reflexionar sobre se había xoguetes de nenos e xoguetes de nenas entre outras cousas. Tamén nos explicaron as normas que deben cumplir os xoguetes para ser seguros como son ...

 


Despois fixemos un boneco de neve para xogar con el e poidemos etiquetalo. 





Pasámolo ben e aprendemos cousiñas moi necesarias!
Gracias á Escola Galega de Consumo pola oferta formativa que nos brindou.