Neste mes de decembro o último taller en 3 anos xirou arredor do conto "Sueños de nieve" de Eric Carle. Nesta entrañable historia aparece un granxeiro que só ten os animais que pode contar cos dedos dunha man e que lle chama "Un, dous, tres, catro e cinco" .
Cada pequech@ elixiu o animal que máis lle gustou e dispuxéronse a pintalos. Mirade, mirade!!!
Unha vez que os pintamos quixemos cubrilos de neve ao igual que sucede no conto e para elo usamos dous aparellos cuns nomes moi enrevesados jajaj: perforadoras de papel e plastificadora. Son aparellos que nunca usaramos pero que ben o fixeron, con paciencia e ilusión acadamos o noso obxetivo. Bravo por eles!!!
Despois de facer un montón de circuliños brancos de papel botámosllos por encima aos nosos animaliños ...
E agora chegou o momento de usar o outro aparello que era a plastificadora!!! Que caras de emoción o ver como entraba o seu animaliño por un lado e saía polo outro plastificado e quente 😊. Con que coidadiño e que atentos estabamos!
Xa tiñamos os nosos animaliños cubertos de neve e que bonitos quedaron!!!
Na seguinte sesión volvemos a ler o conto, e metemos o noso animaliño nun plástico, metémoslle boliñas de poliespán e cunhas palliñas fixemos voar as folerpiñas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario