xoves, 24 de xaneiro de 2019

COCIÑANDO, COCIÑANDO...

🍴🍴🍴🍴🍴🍴🍴🍴🍲🍲🍲🍲🍲🍎🍎🍎🍎🍎🍄🍄🍄🍄🍊🍊🍊🍊🍊🍋🍋🍋🍋🍋🍌🍌🍌🍌🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍏🍴🍴🍴🍴🍴🍵🍵🍵🍵🍵🍵

Na aula de 3 anos fai uns días  lemos o conto "A mellor sopa do mundo" e nós fomos "facendo" a nosa sopa especial. Canto axudamos a remexer esa sopa!!!

Unha vez feita a sopa, ao igual que fan os animais do conto, hai que poñer a mesa e non o fixemos nada mal. 

Na seguinte sesión empezamos buscando os ingredientes da mellor sopa do mundo co tacto e saiunos xenial. 

E logo fixemos unha sopa cuns ingredientes moi especiais: círculos grandes, círculos pequenos, gomets(cachos de cenoria, cachos de pemento e cachos de ovo) e raias (fideos). 




Lemos o conto, introducimos o tema das receitas (ingredientes e modo de preparaciòn) e o hábito de poñer a mesa e fixemos sesión de debuxo. 



1 comentario: