xoves, 24 de xaneiro de 2019

COCIÑANDO COAS FAMILIAS

Como nos gusta que as familias entren nas aulas e compartan con nós experiencias e momentos especiais.
Desta vez viñeron dúas mamás de 3 anos a facer un biscoito. 


Presentaron os ingredientes ...








Pero non todo foi cociñar... tamén cantamos 🎵🎵🎵🎵 e bailamos "Soy una taza" ...que ben o pasaron os e as peques!!!


E se poñemos no biscoito uns lacasitos que sempre ten a profe Ángeles na clase?? Pois que boa idea! 


Como no colexio non temos un forno tan grande pois levámolo ao forno do Garcas (moitas gracias pola axuda) e ...





E os peques de 3 anos decidiron compartir o biscoito cos compañeiros e compañeiras da aula de 4 anos e non quedou nadiña!!! Por que sería?? jajaj. Gracias compis!!



MOITAS GRACIAS MAMIS!!! E gracias por querer participar na vida da aula dos vosos fillos!! Ata a seguinte!!







1 comentario: