xoves, 17 de decembro de 2015

Felicitación de Nadal en 5 anos



Os alumnos e alumnas de 5 anos escribiron tarxetas de felicitación do Nadal ás súas familias... pero non rematou aquí a tarefa: tamén puxeron o selo e veunas recoller o carteiro a clase! Este preguntoulles se se estaban a portar ben porque, claro, el ten comunicación con Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos... Como seica se portaron ben, o carteiro prometeu que llo ía comunicar así mesmo.