martes, 31 de xaneiro de 2017

O MONSTRO DE CORES







O monstro de cores non sabe que lle pasa, se fixo un lío coas emocións e non sabe distinguilas. Os alumnos e as alumnas de Educación Infantil estanlle a axudar poñendo orde neste envurullo.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

EXPERIMENTOS









Nas aulas de Educación Infantil comezamos a facer experimentos relacionados co horto e o Medio Ambiente. A semana pasada puxemos en marcha un experimentos para estudar a descomposición da materia orgánica en catro diferentes condición (como se descompoñen anacos de plátano se os deixamos sos, se os mesturamos con auga, se lles engadimos fermento e se lles poñemos auga e fermento). Agora imos ir observando os diferentes ritmos de descomposición e o que ocorre en cada caso. Por outra parte iniciamos un experimento de observación do comportamento dos caracois. Nun primeiro momento preparamos varios botes de cristal cuns poucos caracois. Tamén facemos experimentos con eles, por exemplo, que tipo de alimentos escolles por si propios. En ambos os dous casos estamos a levar rexistros do que imos observando. Xa vos iremos informando de como se desenvolven estes experimentos. Pero tamén faremos máis!