domingo, 30 de setembro de 2018

COMEZAMOS NOVAS AVENTURAS!!!

Benvidos e benvidas!!! Damos comezo ao curso escolar 2018-2019 con moitísimas ganas, ideas e ilusión. Neste curso escolar pretendemos seguir facendo os talleres conxuntos entre o alumnado de infantil que tanto nos gustan, actividades relacionadas co programa de Voz Natura, saídas ao contorno, sesións de relaxación, actividades coas familias...

Polo tanto, este blog pretende ser unha ventá ao exterior das nosas aulas de infantil, onde vivimos ao longo dos días moitas aventuras, momentos e actividades e que nos gustaría compartir con todos vós. 

Estes primeiros días xa comezamos a xuntarnos para poder coñecernos entre nós e coñecer as distintas aulas de infantil, que ben o pasamos!!!

Mandámosvos un saúdo grande desde todo o equipo de Infantil e invitámosvos a que nos visitedes  para ver como traballamos, e así mesmo, recordarvos que tamén podedes consultar os outros blogs do centro, que aparecen nesta páxina: 


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestrerodriguezxixirei/