venres, 15 de abril de 2016

INAUGURACIÓN DE "DÍZARA"







Hoxe 15 de abril inaugurouse a cidade “Dízara”, un proxecto levado a cabo polos alumnos e alumnas de 5 anos, que estiveron a traballar nela desde comezos de ano. A cidade, composta por moitos edificos, conta con todos os servizos básicos propios dunha cidade moderna: hospital (“Hospital Tirita”), a Estación Intermodal “Pico Sacro” (posto que alberga instalacións para tren, metro e autobuses), colexio “Non Quero Ir Ao Cole”, igrexa... Ademais, como está bañada polo Océano Atlantico, ten un porto moderno: “Sereas e Estrelas do Mar” e un faro. Igualmente, para acceder a ella construiuse unha longa ponte, a “Ponte 15 de Abril”, un gran prodixio da tecnoloxía dos nosos días. 
Á inauguración, presentada polos alumnos e alumnas de 5 anos, asistiron todas as aulas, xunto co seu profesorado e Carmiña. Ao finalizar obsequiouse cunhas pastas a todos os participantes. A cidade, que está no descanso do corredor de cinco anos, está aberta ao público que queira visitala, desde hoxe ata a finalización do curso. En breve, ademais, publicaremos un vídeo sobre a nosa cidade e este acontecemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario