mércores, 13 de febreiro de 2019

DÍA ADICADO Á NATUREZA EN INFANTIL

Este pasado luns día 11 de febreiro empezamos o día plantando os peques de 3 e 4 anos uns bulbos dunha planta chamada Fresia.

 FRESIAS








Todos e todas estivemos super atentos e plantamos nuns tarriños de cristal e nos seguintes días iremos facendo as tarefas de regado así como de observación para detectar os cambios que se van a producir. 

Despois na hora adicada semanalmente para os talleres conxuntos decidimos sair a facer un roteiro polos arredores da escola posto que facía un día estupendo. 

Alá imos!!! 🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶


Paseamos, paseamos e cando chegamos a unha zona máis segura...





Despois de tanto exercicio e movemento voltamos para o cole onde no camiño atopamos e poidemos saúdar á familia de Idurre ❤️💗


Cando veña bo tempo aproveitaremos para saír a camiñar, disfrutar da natureza e ir descubrindo cousas novas en cada saída. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario