xoves, 24 de outubro de 2019

Cartas e máis cartas!

Despois de ler o conto "Unha última carta" entráronnos ganas de escribir cartas a nós tamén.
A profe Iria ensinounos cartas e postais que recibira ela fai moitos anos. Coñecemos o formato deste texto: data e lugar, saúdo, corpo e despedida. Descubrimos que todas contaban algo. Observamos e falamos dos sobres. Todos levaban selo e o nome da persoa á que ía dirixida e quen a envíaba.
E despois escribimos as nosas cartas.


                                              Aula 5 anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario