xoves, 14 de novembro de 2019

A MOER 2!

O outro dos grupos da rapazada fomos á casa de José e Rosa, que moi amablemente nos atenderon e nos ensinaron e explicaron un montón de cousas.
Vimos o hórreo onde se garda o millo, unha vez esfollado. E descubrimos que debaixo do hórreo había coellos. Tamén tiñan cabras, vacas, un cuxo, ovellas, un can e gatos.
Botámoslle millo ao porquiño e canto lle gusta!
Dixéronnos que hai uns utensilios para esfollar o millo, pero que eles sempre o fixeron á man (coma nós). Ensináronnos a debulladora, obra de José, onde se mete a espiga do millo e xa saen os grans sós. Contáronnos que os carozos úsanos para encender o lume e de pequenos facían bonecas con eles. Unha vez debullado, usan dous muíños: un fai fariña e o outro millo tronzado (carozo e grans). Canto disfrutamos axudando a José!
Rosa ensinounos a peneirar para deixar a fariña limpiña para poder facer filloas, empanada, pan e papas. 
E despois entregámoslle un regaliño con todo o noso cariño e agradecemento e que sorpresa levamos! tiñan unhas rosquilliñas para nós.
Moitas gracias polo voso cariño e amabilidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario