sábado, 21 de decembro de 2019

Festa do Nadal

Por fin chegou a tan agardada festa de Nadal!!!!! 
A primeira hora xa estabamos ansios@s por ver a Melchor, Gaspar e Baltasar. Coas nosas cartas preparadas agardamos a chegada dos paxes reais que nos levaron onda eles. Uauuuuuuu! Alí estaban os tres sentados ollando para nós. Cada nen@ escolleu a cal deles lle quería entregar a carta e recibiu un agasallo.

Despois da visita dos reis, chegou o momento de cantar e bailar. Houbo unha chea de actuacións! Nós bailamos e cantamos "Indo eu". Debémolo facer moi ben que nos aplaudiron moito!
 E a festa rematou cunha merendola deliciosa: chocolate, churros, filloas e churros!!!😋😋😋😋
 Grazas familias por acompañarnos nesta celebración. 
Grazas Anpa, Imaxson e Carmiña por toda a traballeira coa música, decoración, papatoria...
Foi unha festa xenial!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario