mércores, 18 de marzo de 2020

Momentos compartidos

E vos que andades facendo estes días?
Algunhas nenas e nenos xa comezaron a contarnos en que estiveron entretid@s: facer magdalenas, xogar á mariola, montar unha tenda de campaña, andar na bici, facer o experimento da choiva, sumar, facer un biscoito con lacasitos, xogar na area, observar como xerminan as lentellas, facer galletas...
Mirade, mirade!!!

 
 Animádevos a compartir c@s compis que andades argallando nas casas. Podedes envíar as fotos ao correo do cole: ceip.mestre.rodriguez.xixirei@edu.xunta.es


Ningún comentario:

Publicar un comentario