venres, 24 de abril de 2020

Mr. Men & Little Mis (proposta para a casa)

Agradecemos esta proposta dunha mamá que disfruta na casa da lectura dunha colección de contos que se titula "Mr. Men & Little Mis" da Editorial Laberinto. Nas fotos podedes ver algunhas das personaxes que aparecen nestes contos.

Estes contos son ideais para falar das emocións porque de cada personaxe destácase un rasgo da súa personalidade.
A proposta para a casa consiste en imaxinar historias con estas personaxes ou tamén buscar a alguén que encaixe nesta personalidade "coñeces a alguén que sexa gruñón?".
Podedes enviarnos as vosas historias. 
Pasádeo ben xogando con estas divertidas personaxes😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario