luns, 3 de decembro de 2018

AQUILES O PUNTIÑO


Este conto de "Aquiles o puntiño" foi o protagonista do taller do venres pasado en 3 anos. Aquiles foise formando a partir dun puntiño case transparente que apareceu nun folio branco e que se foi convertindo nun puntiño azul e ese puntiño azul nun ollo. E a partir de ahí fíxose medrar as diferentes partes do corpo. 


Despois de facer un xogo para ver a quen lle tocaba saír, pois collemos papel continuo e fixemos o contorno do corpo dun dos nosos peques. Que ben o fixo e que atent@s estaban tod@s os demais! 

Unha vez feito o contorno, faltábanlle cousas, así que...MANS Á OBRA! Debuxámoslle os ollos, a nariz, a boca, as orellas e o pelo e colocamos cada tarxeta onde correspondía. 





E aínda nos quedaba unha sorpresa: unha caixa misteriosa na cal para poder sacar o que había dentro había que tapar os ollos! Que divertido! 

E que había na caixa? 
Pois uns calcetíns, unhas manoplas, un cepillo de dente, un peite, uns bastoncillos, un paquete de pañuelos e unha gafas de sol. E como non, puxémoslle cada cousa no seu sitio.


E se collemos uns rotuladores? 😃
 Pois boa idea! A pintar!!! 🖍️

E para rematar....🎵 música e baile


Premede  aquí e podedes bailar e cantar na casa a canción da formiguiña titulada "Fun ao mercado"

Ningún comentario:

Publicar un comentario